Para visualizar e escoitar en O Portal da Lingua Galega
Os Bolechas. Carvalho Calero
En atención á situación excepcional que vivimos por mor da Covid-19 e ás especiais circunstancias en que se celebra este ano o Día das Letras Galegas, a editorial Bolanda, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pon no Portal da Lingua Galega, a disposición dos máis pequenos da casa, un novo volume da colección As miñas primeiras Letras Galegas dedicado a Ricardo Carvalho Calero.
Os nenos e nenas galegos coñecerán, da man dos seus amigos Os Bolechas, o persoeiro a quen se lle dedica este 2020 o Día das Letras Galegas e achegaranse a unha das súas obras narrativas fundamentais: Scórpio.
Lembrade sempre que tanto neste tempo de Samaín coma durante todo o ano hai que ler moitos libros en lingua galega. Preséntovos estes, que conteñen historias divertidas e unhas bonitas ilustracións.
Vexamos a psinose do primeiro:
Mortiña e o seu mellor amigo, un galgo albino chamado Tristeiro, viven coa tía Defuntiña e pasan os días xogando coas pantasmas de Vila Decadente.
Pero un día ocorre algo inesperado: algúns nenos do lugar, amigos de Mortiña, chegan a Vila Decadente despois de recibiren unha misteriosa invitación, namentres tía Defuntiña desaparece.
Tramaría algo o repugnante curmán Dilbert que acaba de facerlle unha visita?
E agora, pensando tamén nos alumnos e alumnas de Educación Infantil, recoméndovos...
Coma todos os anos, a noite do 31 de outubro celébrase na casa de Violeta a festa do Samaín. Pequenos e grandes disfrázanse, xogan, bailan e contan contos ata ben entrada a noite, e malia os fantasmas, as bruxas e a Santa Compaña, ninguén se asusta porque, como di a avoa Pilar, -aos mortos non hai que terlles medo; cos vivos xa é outro cantar-.
Espero que vos gusten.Alimentade a lingua galega lendo moitos libros no noso idioma!
--------------------------------------------
OS BOLECHAS. AS MIÑAS PRIMEIRAS LETRAS GALEGAS. |
Que tal estades, lectores e lectoras en lingua galega? A medida que se achega o gran Día das Letras imos coñecendo a interesante vida do homenaxeado este ano: Antón Fraguas Fraguas. Neste blog podedes acceder á súa biografía, para comezar dunha maneira divertida, podedes botarlle unha ollada a este interesante libro da editorial Bolanda. Balbina, a avoa materna dos Bolechas, vainos contando contos que estaba na boca da xente cando el era un neno e que posteriormente escribiu. Fan referencia ás serpes, animais ateigados de lendas no rural galego.
--------------------------------------------------------------------------
Estes días convídovos a que coñezades a historia da bruxa Discordia, que non sabía o que era a paz ata que un día descubriu que tamén ela podía ser feliz facendo o ben.
Que tal comezamos este curso, nenos e nenas? Para esta época a min gústame moito o libro Corre corre, cabaciña. Xa ten uns aniños pero voltou a editarse en setembro deste ano dado o éxito obtido. Vale para pequenos e maiores. Xa me contaredes que vos pareceu!
A partires de aquí podedes ver as recomendacións literarias do curso 2015-16
Ola, familias. Desta vez Lingüereta recoméndavos o libro Cantarolas de Xosé Neira Vilas e Anisia Miranda. Seguro que vos vai gustar.
Os nosos compañeiros de Rianxo enviáronnos unha serie de recomendacións literarias que estivemos vendo.
..E de tódolos libros seleccionados por eles quedámonos con A bruxa Discordia, que nos parece moi útil para traballar o Día da Paz. Encantounos o cd.
E como non podía ser menos, para as Letras Galegas elixo Canta o cuco, de Uxía e Magín na casa de Manuel María (que ten un cd chulísimo e unhas ilustracións preciosas de Leandro Lamas), e tamén, por suposto, Os soños na gaiola, do citado autor.
Se queredes ter máis información de Manuel María podedes pinchar no seguinte enlace:
coordinadoraendl.org/letras2016/
Aquí tendes actividades moi interesantes e variadas para realizar estes días.