Concursos

Aínda fai pouco que rematamos de facer unha gran festa e xa estamos argallando outra! Os membros do equipo de Dinamizaestrada reunímonos a principios do mes de outubro para dar comezo á preparación da vindeira Festa das Palabras!







Seguide este enlace para ver o noso blog e saber das nosas cousas:

http://proxectodelingua.blogspot.com.es/




A partires de aquí podedes ver as novas relativas ao curso 2016-17


Bases do IV Concurso de microrrelatos e micropoemas.

 Centros educativos da Estrada


Microrrelatos
 O texto presentado debe ser en galego e non conter máis de 100 palabras. A temática será libre, pero debe aparecer necesariamente a palabra VERÁN.

Micropoemas
 O texto presentado debe ser en galego e constar dun mínimo de dous versos e máximo de oito en Primaria, e un mínimo de catro versos e máximo de oito en Secundaria, Ciclos formativos e Bacharelato. A temática será libre, pero debe aparecer necesariamente a palabra VENTO.

Poden participar alumnos e alumnas dos centros educativos do concello da Estrada: CEIP Pérez Viondi, CEIP Cabada Vázquez, CPR Plurilingüe Nosa Sra. De Lourdes, CEIP Plurilingüe de Oca, CEIP O Foxo, CEIP Figueiroa,CEIP Villar Paramá, IES nº Un, IES Manuel García Barros e IES Antón Losada Diéguez.

 Poderase participar nunha modalidade ou nas dúas, pero cada participante só poderá presentar un texto por modalidade.
 Os traballos entregaranse en formato A4 nun sobre con nome, apelidos e curso.

O prazo límite para entregar os textos será o 3 de marzo de 2017 nos centros respectivos. 
Categorías A: Educación Primaria A1: 1º e 2º A2: 3º e 4º A3: 5º e 6º B: Educación Secundaria B1: 1º e 2º B2: 3º, 4º, FP Básica e Ciclos Medios C: Bacharelato e Ciclos Superiores Premios: un xurado, formado por un/unha representante dos Equipos de Dinamización Lingüística dos diferentes centros, concederá un premio por categoría e centro.

 Valorarase a creatividade, a orixinalidade e calidade lingüística e literaria.
Os traballos premiados poderán ser publicados pola entidade organizadora e poderán publicarse tamén nas páxinas web dos centros e nas revistas escolares.


A partires de aquí podes ver as novas do curso 2015-16



Está en marcha o III Concurso de microrrelatos e micropoemas dos Centros Educativos da Estrada.

Microrrelatos

O texto presentado debe ser en galego e non conter máis de 100 palabras.
A temática será libre, pero debe aparecer necesariamente a palabra GAIOLA.


Micropoemas

O texto presentado deber ser en galego e constar dun mínimo de dous versos e máximo de oito. A temática será libre, pero debe aparece necesariamente a palabra ORBALLO.



Poderase participar nunha modalidade ou nas dúas, pero cada participante só presentará un texto por modalidade.

Os traballos entregaranse en formato A4 nun sobre con nome, apelidos e curso. 


CATEGORÍAS (EDUCACIÓN PRIMARIA)

A1: 1º e 2º 

A2: 3º e 4º

A3: 5º E 6º


GAÑADORES/AS CONCURSO RELATOS E POEMAS

PARABÉNS  A TODOS/AS.

RELATOS:


Laura Rodríguez Lea

Brais  Villar Matos

Uxía Porto Rodríguez



POEMAS:

Iziar Barcala Iglesias

Darío Blanco Ruzo

Damián Pereira Neira


...E LEMBRADE QUE PARTICIPAR XA É 
GAÑAR!

Por certo, a Festa das Palabras será o xoves, 26 de maio de 2016 ás 20:30 h. Xa iredes recibindo información.