Os nosos intercambios

O día 8 de xuño os nenos e nenas do último nivel da Escola Infantil Municipal viñeron ver as nosas instalacións e desfrutar do patio. Pasámolo todos moi ben e gustounos compartir este momento con vós! Antes de pasar ao patio estiveron nas aulas de 3 anos. 





Deica loguiño, amigos e amigas!


Cantas cousas fixemos no mes de xuño! Despois desta visita tan especial fomos nós ao Ceip O Foxo. Foi un día cheo de actividades gratas. Recibiunos a totalidade do colexio á beira do seu fermoso xardín da poesía. Despois de participar nun montón de cousiñas divertidas, os nenos e nenas voltaron moi contentos dun cole moi parecido ao noso. Ademais destas experiencias tan fermosas trouxemos o corazón moi ledo. Estamos dexesando que eles veñan onda nós!










E os nenose nenas  de 6º e 4º curso do Ceip Pérez Viondi iniciaron un intercambio lingüístico cos alumnos e alumnas  destes niveis do noso centro. Enviáronnos unhas cartiñas moi emotivas e unha gravación chulísima que nos gustou moito. Para o vindeiro curso recibiredes vós algo noso. Moitas grazas a todos.




O xoves, 10 de novembro, os nosos compañeiros da EIM viñeron traernos un montón de lambetadas feitas con produtos deste tempo de outono. Celebraron un taller de cociña e tiveron a ben compartilo con nós. Estaba todo boísimo!  Cuns cociñeiros de tanto nivel non é de estranar que elaboren eses manxares tan ricos! E ademais, vaia presentación tan bonita! Traballaron un montón para nós! Moitas grazas e... ata outra, por suposto!

Botádelle unha ollada a estas galletas!





Os pequeniños tamén quixeron participar.






Estes nenos e nenas viñeron representando á súa Escola. Que formais!



 E os nosos alumnos, non puideron resistir tanta tentación.



Que contentos foron para o recreo despois de comer unhas cousiñas tan ricas..!

--------------------------------------------------

Aquí tendes as postais que nos enviaron os nosos compañeiros do Ceip Pérez Viondi de A Estrada. Que bonitas e divertidas!Nós tamén as fixemos para eles, a EIM, o IES Antón Losada Diéguez e para o Centro Sociocomunitario.. 










Decoraron a entrada do noso colexio, que quedou chulísimo. Moitas grazas.



A partires de aquí podedes ver os intercambios realizados no curso  2015-16


Aquí tendes uns poemiñas que nos enviaron os nosos compañeiros do colexio  ADR Castelao, de Rianxo. Coma sempre, recibimos uns agasallos moi bonitos que locen colgados nos taboleiros do noso colexio. Moitas grazas, compañeiros!





E nós, pola nosa parte, levámoslles estas
manualidades á EIM co poema de Rosalía de Castro,Alborada, de Cantares Gallegos: