Recomendacións literarias

De toda a obra literaria da autora homenexeada este ano, este paréceme o máis especial porque o escribiu a autora cando só contaba nove anos.

Velaquí un libro inédito de Xela Arias.

A súa primeira achega á narrativa; un texto que é unha biografía emocional dunha infancia que se proxecta, vizosa, cara aos nosos días. Unha descuberta dunha sensibilidade magnífica. Un acontecemento literario que se abeira, ademais, ao traballo dunha grande ilustradora como Luz Beloso





------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Para a celebración do Día de Rosalía, a recomendación vai para este libro que xa ten uns anos pero ben merece a nosa atención polo fermoso que é para a vista e para os oídos. A desfrutalo!


-------------------------------------------------------------------------------



Para visualizar e escoitar en O Portal da Lingua Galega

Os Bolechas. Carvalho Calero

En atención á situación excepcional que vivimos por mor da Covid-19 e ás especiais circunstancias en que se celebra este ano o Día das Letras Galegas, a editorial Bolanda, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pon no Portal da Lingua Galega, a disposición dos máis pequenos da casa, un novo volume da colección As miñas primeiras Letras Galegas dedicado a Ricardo Carvalho Calero.
Os nenos e nenas galegos coñecerán, da man dos seus amigos Os Bolechas, o persoeiro a quen se lle dedica este 2020 o Día das Letras Galegas e achegaranse a unha das súas obras narrativas fundamentais: Scórpio.

Os Bolechas. Carvalho Calero










Lembrade sempre que tanto neste tempo de Samaín coma durante todo o ano hai que ler moitos libros en lingua galega. Preséntovos estes, que conteñen historias divertidas e unhas bonitas ilustracións.

Vexamos a psinose do primeiro:

 Mortiña e o seu mellor amigo, un galgo albino chamado Tristeiro, viven coa tía Defuntiña e pasan os días xogando coas pantasmas de Vila Decadente.
Pero un día ocorre algo inesperado: algúns nenos do lugar, amigos de Mortiña, chegan a Vila Decadente despois de recibiren unha misteriosa invitación, namentres tía Defuntiña desaparece.
Tramaría algo o repugnante curmán Dilbert que acaba de facerlle unha visita?



E agora, pensando tamén nos alumnos e alumnas de Educación Infantil, recoméndovos...


Violeta quere ser vampiro


Coma todos os anos, a noite do 31 de outubro celébrase na casa de Violeta a festa do Samaín. Pequenos e grandes disfrázanse, xogan, bailan e contan contos ata ben entrada a noite, e malia os fantasmas, as bruxas e a Santa Compaña, ninguén se asusta porque, como di a avoa Pilar, -aos mortos non hai que terlles medo; cos vivos xa é outro cantar-.

Espero que vos gusten.Alimentade a lingua galega lendo moitos libros no noso idioma! 

--------------------------------------------

ANTONIO FRAGUAS. OS BOLECHAS. AS MIÑAS PRIMEIRAS LETRAS GALEGAS
 OS BOLECHAS. AS MIÑAS PRIMEIRAS LETRAS GALEGAS.



Que tal estades, lectores e lectoras en lingua galega? A medida que se achega o gran Día das Letras imos coñecendo a interesante vida do homenaxeado este ano: Antón Fraguas Fraguas. Neste blog podedes acceder á súa biografía, para comezar dunha maneira divertida,  podedes botarlle unha ollada a este interesante libro da editorial Bolanda.  Balbina, a avoa materna dos Bolechas, vainos contando contos que estaba na boca da xente cando el era un neno e que posteriormente escribiu. Fan referencia ás serpes, animais ateigados de lendas no rural galego.




--------------------------------------------------------------------------


Estes días convídovos a que coñezades a historia da bruxa Discordia, que non sabía o que era a paz ata que un día descubriu que tamén ela podía ser feliz facendo o ben.






 Que tal comezamos este curso, nenos e nenas? Para esta época a  min gústame moito o libro Corre corre, cabaciña.  Xa ten uns aniños pero voltou a editarse en setembro deste ano dado o éxito obtido. Vale para pequenos e maiores. Xa me contaredes que vos pareceu!





 A partires de aquí podedes ver as recomendacións literarias do curso 2015-16


Ola, familias. Desta vez Lingüereta recoméndavos o libro  Cantarolas de Xosé Neira Vilas e Anisia Miranda. Seguro que vos vai gustar.

Os nosos compañeiros de Rianxo enviáronnos unha serie de recomendacións literarias que estivemos vendo.

..E de tódolos libros seleccionados por eles quedámonos con A bruxa Discordia, que nos parece moi útil para traballar o Día da Paz. Encantounos o cd.

E como non podía ser menos, para as Letras Galegas elixo Canta o cuco, de Uxía e Magín na casa de Manuel María (que ten un cd chulísimo e unhas ilustracións preciosas de Leandro Lamas), e tamén, por suposto, Os soños na gaiola, do citado autor. 

Se queredes ter máis información de Manuel María podedes pinchar no seguinte enlace:

coordinadoraendl.org/letras2016/

Aquí tendes actividades moi interesantes e variadas para realizar estes días.