mércores, 30 de decembro de 2015

A Estrada da Vida

A Estrada da Vida que este nadal nos levou a actuar coa nosa obra de teatro ante os nenos e nenas da EIM, os do noso colexio, o alumnado do Ies Antón Losada Diéguez e as persoas da terceira idade que forman o Centro Sociocomunitario , ensinounos a importancia de cada etapa vital. Todos eles nos acolleron con aprezo e ilusión e nós agradecémoslles o seu cariño e atención. Que a Estrada da Vida nos volte a unir nun camiño de colaboración e amizade que resulte moi gratificante para todos. FELIZ ANO!


Os nosos debuxos nas paredes do Centro Sociocomunitario e os nosos desexos pendurados do teito da EIM:






Tamén recibimos unha postal moi chula dos nenos dun cole de Rianxo cos que mantemos correspondencia os de 2º B.. pero iso xa é outro conto que queda para outro día...

CONTO DE NADAL EIM


Que ben, voltar á EIM outra vez! Primeiro fixemos as fotos de rigor...





 ....E a continuación  puxémonos mans á obra:



























































Tamén apareceu por alí Papá Noel..











 E despois de facer algunhas trastadiñas, voltamos para o noso cole.