Páxinas

domingo, 19 de setembro de 2021

Prestentación do libro Camiñando Camiñando

 Benvid@s e este novo curso 2021-22!

Que tal de vacacións?

 Nada máis chegar xa estamos metidos de cheo nas actividades culturais que dinamizan e dan valor á lingua galega. Esta semana puidemos asistir en Santiago á presentación do libro Camiñando Camiñando do escritor estradense Xosé Luna Sanmartín, que outra vez foi quen de  achegarnos unha obra chea de calidez e sentimento e que conta cunhas ilustracións ben fermosas de Olaya Naveira. Dos seus versos desprénde a calidade poética do noso veciño e amigo e dos debuxos unha chea de cores que tinguen de emoción os camiños da vida. 

Dende o EDLG recomendamos este libro que ademais das cualidades que se poden ver e admirar ao abrir as súas follas, tamén podemos sentir co corazón.  Parabéns a Xosé por este  e por toda a súa magnífica obra literaria. Que este Camiñando Camiñando nos leve a todos polo camiño da felicidade que crean para nós os escritores coma el.