domingo, 17 de marzo de 2019

Gañadores da Festa das Palabras

Foron moitos os poemas e relatos que se presentaron ao concurso, pero só se podía elexir un candidato/a por cada  categoría. Na reunión que tivo lugar o martes día 12 de marzo no colexio Pérez Viondi o xurado acordou nomear os seguintes gañadores:

Na categoría A1 (primeiro ciclo): 

Relatos: Manuel Rodríguez Rajoy (2º C)
Poemas: Catalina Rey Rosende (2º A)

Na categoría A2 (segundo ciclo):

Relatos: Hugo Iglesias Isla (3º A)
Poemas: Julia Sinde Calviño (4º B)

Na categoría A3 (terceiro ciclo):

Relatos: Antón Payno Míguez
Poemas: Lara Rey Rosende.


As ilustracións (que non entran no concurso) corresponden aos seguintes alumnos:
-Debuxo do serán: Andrea Rey Montoto. 6º Educación Infantil.

-Debuxo de lenda: Alejandro Iglesias Remesar. 6º Educación Infantil.

NORABOA A TODOS ELES/AS. XA SABEDES QUE COS VOSOS RELATOS E POEMAS EDITAREMOS UN LIBRO E TAMÉN QUE ASISTEREDES A UNHA FESTA MOI ESPECIAL.
XA VOS IREI INFORMANDO, ESCRITORES E ESCRITORAS DO CEIP DE FIGUEIROA!











Coñecendo máis a Rosalía...

Estas últimas semanas estivemos festexando e alongando a celebración do Día de Rosalía. Traballamos fundamentalmente con dous poemas: para Primaria foi Del mar azul las transparentes olas, que aínda que non é en galego serviunos para aproximarnos á obra da escritora e a como ela se inspiraba na súa contorna para escribir, e Foi a páscoa enxoita. Podédelos atopar nos seus libros En las orillas del Sar e Follas Novas respectivamente, que están á vosa disposición na entrada do colexio para que poidades consultalos.
Velaquí os  tendes:


FOI A PÁSCOA ENXOITA,

CHOVEU EN SAN XOÁN,

A GALICIA A FAME

LOGO CHEGARÁ.

CON MALENCOLÍA

MIRAN PARA O MAR

OS QUE NOUTRAS TERRAS

TÉN QUE BUSCAR PAN.


Follas Novas




DEL MAR AZUL LAS TRANSPARENTES OLAS

MIENTRAS BLANDAS MURMURAN

SOBRE LA ARENA, HASTA MIS PIES RODANDO

TENTADORAS ME BESAN Y ME BUSCAN.

INQUIETAS LAMEN DE MI PLANTA EL BORDE,

LANZÁNDOME AIROSAS SU NEVADA ESPUMA,

Y PIENSO QUE ME LLAMAN, QUE ME ATRAEN    

HACIA SUS SALAS HÚMEDAS.

MAS CUANDO ANSIOSA QUIERO

SEGUIRLAS POR LA LÍQUIDA LLANURA,

SE HUNDE MI PIE EN LA LINFA TRANSPARENTE

Y ELLAS DE MÍ SE BURLAN.       
                               
  
Y HUYEN ABANDONÁNDOME EN LA PLAYA

A LA TERRENA, INACABABLE LUCHA,

COMO EN LAS TRISTES PLAYAS DE LA VIDA


ME ABANDONÓ INCONSTANTE LA FORTUNA.           

En las orillas del Sar.