Páxinas

domingo, 3 de marzo de 2024

ACTIVIDADE CON AGADEA. O GALEGO PARA GRANDES E PEQUENOS.



 A actividade tivo  como finalidade dar a coñecer o mundo das demencias e o alzheimer a través do libro que levou o premio Simbad “Sobremesas sobre versos” e consistiu  en falar  un pouco sobre o tema do alzheimer.  Dous usuarios do Centro de Día puideron  ler uns párrafos do libro. A continuación, tivo lugar  unha charla entre os maiores e os rapaces relacionada co libro e co mundo dos avós.


Foi unha experiencia moi entrañable. Esperamos que voltedes!









 

xoves, 22 de febreiro de 2024

Día de Rosalía

 Hoxe celebramos o Día de Rosalía no Teatro Principal. Alumnas de 4º de EP do noso cole asistiron a recitar dous poemas da autora. Tamén asistimos á estrea do tema de A banda da loba Pelouro que roda, e aos participantes na gravación do mesmo, de 5º de EP, que fixeron os colexios da Estrada en colaboración co Concello.

Aquí tendes o vídeo e parabéns polo traballo!



Moitas grazas tamén ás recitadoras e ás súas familias!





Ata o vindeiro Día de Rosalía!









xoves, 15 de febreiro de 2024

A VIAXE DE ANDREA POR CANADÁ




Érase unha vez unha profe do cole de Figueiroa que quería vivir unha aventura marabillosa..!

Ben pode ser o comezo dun conto, non? Pois non é conto, é realidade. A nosa compañeira Andrea decidiu viaxar nada máis e nada menos a Canadá para coñecer e vivir novas experiencias educativas. E como a maioría dos contos, suceden cousas que gustan maís e outras menos pero o certo é que esta mestra que fala galego, que dinamiza o galego que ama o galego..alá foi! E que lle pasou? Pois podedes ver esta presentación tan bonita que fixo para que poidamos coñecer  de primeira man a súa experiencia! Dámoslle paso logo a Andrea, que se expresa como un libro aberto.Adiante!

Seguide este enlace para ver a presentación: Presentación Piale de Andrea


GRAZAS POR COMPARTIR CON NÓS ESTA VIAXE DA VIDA!









martes, 26 de decembro de 2023

Festa da Poesía

 Xa fai uns días que participamos na Festa da Poesía. Algúns nenos e nenas de 4º A e B de EP recitaron dous poemas de Federico García Lorca (Seis poemas en gallego) e Antonio Machado (Soledades. Galerías. Otros poemas). Que viva a poesía!










luns, 4 de decembro de 2023

FOTOS DO CERTAME DE TEATRO ESCOLAR

 O pasado martes fomos ao Principal para representar a obra A propósito dos bicos.. Tamén nos tocou de ler/recitar as definicións do que é para nós o teatro. Aquí tendes algunhas fotos do evento. Moitas grazas a todos/as por participar.

























luns, 27 de novembro de 2023

CERTAME DE TEATRO ESCOLAR OLIMPIO ARCA CALDAS

 Con motivo desta mostra de teatro escolar, mañá vémonos no Teatro Principal ás seis e media da tarde para escenificar a obra A propósito dos bicos... Esperámosvos a tod@s!






Día da Infancia na EIM

 O pasado venres tivemos a sorte de celebrar o Día da Infancia cos nenos/as e profes da Escola Infantil Municipal. O alumnado de 2º puido compartir actividades tan divertidas como o pintado de mans con outros compañeiros de menor idade  que se amosaron moi contentos coa nosa  visita. E como teñen  unha cociña deliciosa, elaboraron para nós unha chea de biscoitos dos que demos boa conta.

Pasámolo moi ben. Outro día voltamos!









Ata sempre, veciños e compañeiros!