martes, 28 de febreiro de 2017

DÍA DE ROSALÍA NO MOME

O pasado 23 de febreiro o noso colexio participou neste evento coa lectura por parte da alumna de 6º B, Kenia Souto, dos seguintes poemas:

Castellanos de Castilla,
tratade ben ós gallegos;
cando van, van como rosas;
cando vén, ven como negros.  

Cando foi, iba sorrindo;

cando veu, viña morrendo;
a luciña dos meus ollos,
o amantiño do meu peito.

Cantares Gallegos

Mirade como o alumnado de EI reflectiu nos seus debuxos estes sentimentos de Rosalía:
















O alumnado de EP traballou con estes de Follas Novas:

Éste vaise i aquel vaise,
e todos, todos se van.
Galicia, sin homes quedas
que te poidan traballar.
Tes, en cambio, orfos e orfas
e campos de soledad, 
e nais que non teñen fillos
e fillos que non tén pais.
E tes corazóns que sufren
longas ausencias mortás,
Viudas de vivos e mortos
que ninguén consolará.













A que quedou moi fermoso? Pois xa veredes que cousiña máis chula imos facer con estes debuxiños tan bonitos!

`