Páxinas

xoves, 22 de febreiro de 2024

Día de Rosalía

 Hoxe celebramos o Día de Rosalía no Teatro Principal. Alumnas de 4º de EP do noso cole asistiron a recitar dous poemas da autora. Tamén asistimos á estrea do tema de A banda da loba Pelouro que roda, e aos participantes na gravación do mesmo, de 5º de EP, que fixeron os colexios da Estrada en colaboración co Concello.

Aquí tendes o vídeo e parabéns polo traballo!



Moitas grazas tamén ás recitadoras e ás súas familias!





Ata o vindeiro Día de Rosalía!









xoves, 15 de febreiro de 2024

A VIAXE DE ANDREA POR CANADÁ




Érase unha vez unha profe do cole de Figueiroa que quería vivir unha aventura marabillosa..!

Ben pode ser o comezo dun conto, non? Pois non é conto, é realidade. A nosa compañeira Andrea decidiu viaxar nada máis e nada menos a Canadá para coñecer e vivir novas experiencias educativas. E como a maioría dos contos, suceden cousas que gustan maís e outras menos pero o certo é que esta mestra que fala galego, que dinamiza o galego que ama o galego..alá foi! E que lle pasou? Pois podedes ver esta presentación tan bonita que fixo para que poidamos coñecer  de primeira man a súa experiencia! Dámoslle paso logo a Andrea, que se expresa como un libro aberto.Adiante!

Seguide este enlace para ver a presentación: Presentación Piale de Andrea


GRAZAS POR COMPARTIR CON NÓS ESTA VIAXE DA VIDA!