O vindeiro luns, 1 de decembro, terá lugar no Mome a presentación do libro OBRA POÉTICA, Avelina Valladares Núñez, do noso veciño Xosé Luna Sanmartín. Colaborarán o Ceip O Foxo e o IES Avelina Valladares no recitado de poemas.Vémonos alí ás 20:00 horas!
Páxinas
venres, 28 de novembro de 2025
luns, 24 de novembro de 2025
Día da Poesía
O vindeiro xoves 27 de novembro ás 20:00 horas terá lugar no Teatro Principal o Día da Poesía. O noso colexio participará coa recitación de dous poemas por parte de diverso alumnado de Educación Primaria. A entrada é libre.
VIII Mostra de teatro escolar Olimpio Arca Caldas
Este martes vémonos no Teatro Principal ás 18:30 horas para asistir a unha nova edición do certame. Levamos varias semanas traballando na nosa obra Parto da terra. Esperamos vervos alí! A entrada é libre e poden asistir tódalas persoas que o desexen. Vivamos o teatro!
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)