martes, 17 de maio de 2016


PURO SENTIMENTO... 

Se ao escoitar pronunciar “Galicia” e ao poñer a man no corazón sentes un latexo de terras verdes e únicas regadas polo orballo da ilusión dunha xente unida por unha lingua que fala de ceos azuis, azuis coma mares de auga, da auga dos nosos ríos que descorren por terras fértiles onde prenden as sementes, as sementes do amor polas nosas cousas, cousas dos nosos pequenos e maiores, o alfa e o omega, principio e fin á existencia que nos tocou vivir en paisaxes privilexiadas que falan e bailan en lingua galega, un idioma que sente porque ten sentimento, o sentimento dunha nai que aloumiña a súa criatura con palabras que saen da pel  de mel, do mel  que che pon na punta da lingua a fala galega…


…non che parece que tamén  as linguas do mundo deben considerarse irmás entre si, pois, o importante non é o nº de persoas que as falan, senón o que podemos expresar con elas? Coa miña lingua na túa boca eu podo contarche cousiñas bonitas dunha terra preciosa que fala e que sente no idioma galego.