venres, 2 de xuño de 2017

IV EDICIÓN DA FESTA DAS PALABRAS

Hoxe veño falarvos dunha festa moi especial. Nada máis e nada menos que os gañadores e as gañadoras   do Concurso de Microrrelatos e Micropoemas dos Centros Educativos  da Estrada! Un evento tan importante tiña que contar cun padriño literario de altura: o escritor de literatura infantil e xuvenil Antón García Teijeiro. El estará con nós para felicitar e entregar os agasallos aos nenos e nenas que fixeron uns poemas e relatos tan bonitos, dignos de aparecer nun libro especial: o que precisamente se lles dará ese día, xunto cun caravel branco.
Déixovos aquí a invitación e vémonos alí. Non faltedes a unha cita tan importante! Vémonos ás 20:30 horas o martes 6 de xuño no Teatro Principal.



Ah, por certo, os representantes do noso colexio na entrega de premios son os seguintes: José Manuel Garrido Torres, presidente da Anpa e María Troitiño Goldar, mestra de Educación Primaria.