Páxinas

martes, 23 de febreiro de 2021

ACTIVIDADES DÍA DE ROSALÍA


                                                                                                
                                                                                                                                   

O  24 de febreiro chegou e este ano  celebramos o 184 aniversario do nacemento  de Rosalía. Aínda que esta homenaxe tan especial na honra desta escritora universal debe levarse a cabo  tódolos días do ano, para estas datas tendes unha serie de recursos tanto para Educación Infantil coma para Primaria. Picade nos enlaces: 

Genially Rosalía

Genially Rosalía 2

Vídeoclip de Rosalía Lía Pamina e Os Peregrinos - Follas Novas

Draw my life de Rosalía

Vida e obra 

Vídeo de Rosalía Concello A Estrada

Imprimir careta de Rosalía (a cor)

Imprimir careta de Rosalía (en branco e negro)

Crebacabezas de Rosalía (para Infantil)

No noso colexio realizaremos unha presentación cos debuxos que fixestes a semana pasada e a ilustración dun poema, neste caso de Follas Novas e que tendes a continuación. Tamén faremos o "Rosalía Mix", unha serie de gravacións feitas con recitacións de diferentes poemas da autora.

Dende aquí vexo un camiño

   Dende aquí vexo un camiño
    que non sei adonde vai;
    polo mismo que n’o sei,
    quixera o poder andar.
    Istreitiño sarpentea
    antre prados e nabals,
    i anda ó feito, aquí escondido,
    relumbrando máis alá.
    Mais sempre, sempre tentándome
    co seu lindo crarear,
    que eu penso, non sei por que,
    nas vilas que correrá,
    nos carballos que o sombrean,
    nas fontes que o regarán.
    Camiño, camiño branco,
    non sei pra donde vas;
    mais cada vez que te vexo,
    quixera poderte andar.

     Follas novas

Feliz Día de Rosalía!