domingo, 13 de xuño de 2021

Gañadores do concurso de vídeo!!

 

Xa están aquí os nenos e nenas de 5ºB dispostos a contarvos como foi iso de que atoparon a vacina para inmunizarnos co galego, que era o lema do concurso de vídeo do Correlingua. Parece que deron coa fórmula perfecta, pois gañaron! O premio vai ser unha actuación musical no noso colexio que terá lugar os derradeiros días deste curso ou para o principio do que vén. Sodes fantásticos!