mércores, 22 de decembro de 2021

FESTA DA POESÍA

O pasado 3 de decembro tivo lugar no Teatro Principal a Festa da Poesía. O noso colexio estivo moi ben representado por Aroa Pereiro e Adrián Silvoso, de 6º curso de EP. Eles recitaron estupendamente o poema ¿Non te Lembras? do escritor estradense Manuel Cabada Vázquez. Velaquí  tendes unhas cantas estrofas que corresponden a el:






Non atopamos mellor maneira de homenaxealo. As voces de Aroa e Adrián reflectiron todo o sentimento do seu poema. Por iso el tamén  permanecerá sempre na nosa lembranza.