Páxinas

xoves, 21 de abril de 2022

NOVO LIBRO DE XOSÉ LUNA

 Fai uns días que o noso amigo Xosé Luna presentaba o seu novo libro: Ond`o sol facheaba ô amañecer.

Trata da vida e obra da Cantora da Ulla, Avelina Valladares Núñez, e onde o autor, no limiar nos di que recibamos os versos desta autora non polo moito que valen senón polo moito que significaron e significan.

 Seguro que tamén valen moito. Commprobádeo por vós mesmos/as!


                    


    Estudo sobre a figura da coñecida como Cantora da Ulla, Avelina Valladares Núñez, que se presenta nun libro en tapa dura no que se recollen aspectos da vida e obra da poeta. Unha literata digna de toda clase de eloxios e, por suposto, merecente de ser coñecida e recoñecida como unha das mulleres que participou no rexurdir das nosas letras.

    A primeira parte do libro deriva da investigación directa sobre documentación de arquivos e da análise de varios artigos que sobre a vida da poeta foron publicados en distinto xornais. En canto á segunda parte, corresponde á edición da obra da escritora, con tres cadernos que levan por título "Avelina Valladares y sus poesías. Vilancosta 1902", e que inclúen poemas en galego, poemas en castelán e textos en castelán. Os tres conteñen a obra da escritora e diversos artigos sobre a vida e morte da poeta.

    Así mesmo, inclúense artigos sobre a figura de Avelina Valladares e documentación persoal, mesmo unha pequena galería fotográfica do fogar dos Valladares, o Casal de Vilancosta.