O pasado venres tivemos a sorte de celebrar o Día da Infancia cos nenos/as e profes da Escola Infantil Municipal. O alumnado de 2º puido compartir actividades tan divertidas como o pintado de mans con outros compañeiros de menor idade que se amosaron moi contentos coa nosa visita. E como teñen unha cociña deliciosa, elaboraron para nós unha chea de biscoitos dos que demos boa conta.
Pasámolo moi ben. Outro día voltamos!
Ata sempre, veciños e compañeiros!