Páxinas

xoves, 15 de febreiro de 2024

A VIAXE DE ANDREA POR CANADÁ




Érase unha vez unha profe do cole de Figueiroa que quería vivir unha aventura marabillosa..!

Ben pode ser o comezo dun conto, non? Pois non é conto, é realidade. A nosa compañeira Andrea decidiu viaxar nada máis e nada menos a Canadá para coñecer e vivir novas experiencias educativas. E como a maioría dos contos, suceden cousas que gustan maís e outras menos pero o certo é que esta mestra que fala galego, que dinamiza o galego que ama o galego..alá foi! E que lle pasou? Pois podedes ver esta presentación tan bonita que fixo para que poidamos coñecer  de primeira man a súa experiencia! Dámoslle paso logo a Andrea, que se expresa como un libro aberto.Adiante!

Seguide este enlace para ver a presentación: Presentación Piale de Andrea


GRAZAS POR COMPARTIR CON NÓS ESTA VIAXE DA VIDA!