Xa hai unhas semanas que Álvaro e Paula, de sexto, acudiron ao Mome para recitar uns versos do libro de Charo Golmar No bico do vento. Neste mesmo lugar fixo a presentación do mesmo na Estrada e contou coa intervención de figuras tan importantes no eido literario como o escritor estradense Xosé Luna e o crítico literario Armando Requeixo, así como de Valentín García e Juan Constenla.
É un libro escrito con moito sentimento, polo que, convidámosmos a lelo e a desfrutar das ilustracións!