Pois si, imos de festa en festa! No Figueiroa Letras Fest, ademais de desfrutar da actuación de Manoele de Felisa, tivemos ocasión de felicitar aos gañadores e gañadoras do concurso de microrrelatos e micropoemas que organiza Dinamizaestrada, que agrupa a tódolos centros educativos da Estrada. Fixemos unha entrega de diplomas para eles e tamén para os/as finalistas:
a FESTA DAS PALABRAS!
Ás oito da tarde dou comezou a celebración da Festa das Palabras no Teatro Principal. Unha morea de nenos e nenas agardaban o momento máxico de subir ao escenario para recoller o seu agasallo: o libro no que se recollen os poemas e relatos gañadores do concurso literario que une a toda a comunidade educativa da Estrada.
Este ano a presentación do acto correu a cargo dunha alumna e un alumno do IES Avelina Valladares.
O padriño foi Xosé Lueiro, polo seu importante papel como dinamizador da cultura e da lingua galega e a actuación musical correu a cargo de Gloria Pavía.
O padriño foi Xosé Lueiro, polo seu importante papel como dinamizador da cultura e da lingua galega e a actuación musical correu a cargo de Gloria Pavía.