Se picades no enlace poderedes acceder a recursos para celebrar o Día das Artes Galegas, que se celebrará o 1 de abril e estará dedicado ao fotógrafo José Suárez.
Un ano máis, e xa estamos na XIII edición, o colectivo Dinamizaestrada, no que están tódolos centros educativos da Estrada, puxo a andar este concurso literario para dar a coñecer a canteira de xóvenes escritores e escritoras que temos na nosa contorna.
O pasado 3 de marzo o xurado, composto polos coordinadores dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega, reuniuse no Ceip Pérez Viondi e elixiu as obras gañadoras en cada modalidade e categoría.
No noso colexio, os poemas elexidos corresponden á autoría de Mara Rodríguez Rodríguez, Iago Porto Arís e Vera Payno Abalo.
Os relatos gañadores son de Icía Cabaleiro Arca, Lara Calvelo Monteagudo e Julia Agra Martínez.
Todas estas obras estarán recollidos nun libro que se presentará o día da celebración da Festa das Palabras, que terá lugar no Teatro Principal no mes de maio. Xa iredes tendo cumprida información de todo o relativo a este evento tan importante no ámbito cultural estradense.
Os nenos e nenas da aula de 1ºC homenaxearon a Rosalía de Castro a través do seu poema máis emblemático: Adiós ríos, adiós fontes. Neste vídeo podedes ver o proceso da súa elaboración. Escribiron, debuxaron, recitaron... Quedoulles precioso! Tamén participaron na elaboración do Caldo de Gloria botando no pote os seus ingredientes favoritos. Certamente, sabía de marabilla, pois a lingua galega sempre deixa bo sabor de boca!