Páxinas
domingo, 1 de decembro de 2019
CERTAME TEATRO ESCOLAR E FESTA DA POESÍA
Esta semana estivemos de celebración. Ou mellor dito, de celebracións. O pasado martes asistimos ó Certame de Teatro Escolar Olimpio Arca Caldas organizado pola asociación Vagalumes.
Os alumnos de sexto cursode Primaria participaron no recitado duns versos de Eduardo Galeano e tamén puidemos ver unha gravación que ten como temática o drama das persoas que teñen que abandoar a súa casa e o seu país pola guerra.
E o venres fomos á Festa da Poesía, que organiza o Concello da Estrada. O escritor galardoado este ano co premio Avelina Valladares foi Ramón Sandoval (Sober, Lugo, 1961), co seu libro Nas esquinas do frío.
Con este libro foron agasallados tódolos nenos de 4º de Primaria participantes no recitado de poemas, que este ano estiveron adicados á alimentación sa.
Noraboa a todo o alumnado que o fixo posible e ás súas familias moitas grazas por colaborar!
domingo, 3 de novembro de 2019
CELEBRANDO O SAMAÍN
Ola, nenos e nenas. Que tal a celebración do Samaín? Que ben o pasamos no cole coa exposición de cabazas e a celebración do Magosto! Mágoa que chovera, pero iso non impediu que desfrutaramos dunha mañá chea de diversión e disfraces que metían moito medo!!
Uns días antes xa comezamos a elaborar postais para un montón de amigos e amigas que as recibiron con moito agarimo:
-Escola Infantil Municipal
-IES Antón Losada Diéguez
-IES Manuel García Barros
-Ceip Pérez Viondi
-Centro Sociocultural da Estrada
-Ceip Os muíños, de Muxía.
Velaquí unha pequena demostración da exposición de cabazas:
A temática, como non podía ser de outra maneira, xirou en torno á alimentación saúdable.
domingo, 9 de xuño de 2019
VI FESTA DAS PALABRAS
O pasado martes tivo lugar a VI Festa das Palabras no Teatro Principal. Coma sempre, os pequenos escritores e escritoras dos centros educativos da Estrada déronse cita para recoller o seu agasallo de mans da madriña deste anos: Ledicia Costas. Ainda que as ilustracións non entraban a concurso, mirade que ben quedaban no panel que colocamos na entrada:
Esta é a ilustración de Lenda
e esta a de Serán.
Os poemas e relatos publicáronse neste libro deseñado por Rosa de Cabanas:
Esta é a ilustración de Lenda
e esta a de Serán.
Os poemas e relatos publicáronse neste libro deseñado por Rosa de Cabanas:
Os gañadores do noso colexio, teñen o privilexio de que as súas obras foran publicadas nel, ademais de que Ledicia llos adicara un por un.
ATA O VINDEIRO ANO E MOITAS GRAZAS POR PARTICIPAR NESTE ACONTECEMENTO TAN IMPORTANTE PARA A LINGUA GALEGA!
domingo, 12 de maio de 2019
LETRAS GALEGAS- ANTÓN FRAGUAS
A biografía que tendes a continuación figura no libro Antonio Fraguas, dentro da serie Os Bolechas, da editoral Bolanda:
Antonio Fraguas naceu en Cotobade, o 28 de decembro de 1905, o día dos Santos Inocentes. De meniño comía broa e caldo, e andaba a xogar polos camiños e entre o millo. Estudou no instituto de Pontevedra, co profesor Castelao, e empezou alí a facer un dicionario de galego con outros compañeiros. De mozo estudou na Universidade de Santiago de Compostela e entrou no Partido Galeguista. Foi mestre na Estrada, onde facía excursións coas alumnas e alumnos, para veren mámoas e castros. Pero na guerra de 1936 botárono do ensino e non puido volver até moitos anos despois. Foi director do Museo do Pobo Galego. Antonio Fraguas escribiu moito sobre cultura, costumes, xeografía e historia de Galicia.
l
Podedes obter máis información dos actos previos e posteriores ao 17 de maio no seguinte enlace: www.lingua.gal
Asimesmo, neste outro poderedes descargar actividades relativas á súa vida e obra: www.seminariogalan.org

PARA OS GAÑADORES/AS, FAMILIAS E TODOS OS QUE DESEXEDES ASISTIR, TEÑO QUE DICIRVOS QUE A FESTA DAS PALABRAS TERÁ LUGAR O 4 DE XUÑO (MARTES) ÁS 20 HORAS NO TEATRO PRINCIPAL. A MADRIÑA DESTE ANO É A ESCRITORA VIGUESA LEDICIA COSTAS E A ACTUACIÓN MUSICAL CORRERÁ A CARGO DO GRUPO MUSICAL O TALLER DO 13. VÉMONOS ALÍ, AMIGUIÑOS E AMIGUIÑAS!
domingo, 17 de marzo de 2019
Gañadores da Festa das Palabras
Foron moitos os poemas e relatos que se presentaron ao concurso, pero só se podía elexir un candidato/a por cada categoría. Na reunión que tivo lugar o martes día 12 de marzo no colexio Pérez Viondi o xurado acordou nomear os seguintes gañadores:
Na categoría A1 (primeiro ciclo):
Relatos: Manuel Rodríguez Rajoy (2º C)
Poemas: Catalina Rey Rosende (2º A)
Na categoría A2 (segundo ciclo):
Relatos: Hugo Iglesias Isla (3º A)
Poemas: Julia Sinde Calviño (4º B)
Na categoría A3 (terceiro ciclo):
Relatos: Antón Payno Míguez
Poemas: Lara Rey Rosende.
NORABOA A TODOS ELES/AS. XA SABEDES QUE COS VOSOS RELATOS E POEMAS EDITAREMOS UN LIBRO E TAMÉN QUE ASISTEREDES A UNHA FESTA MOI ESPECIAL.
XA VOS IREI INFORMANDO, ESCRITORES E ESCRITORAS DO CEIP DE FIGUEIROA!
Na categoría A1 (primeiro ciclo):
Relatos: Manuel Rodríguez Rajoy (2º C)
Poemas: Catalina Rey Rosende (2º A)
Na categoría A2 (segundo ciclo):
Relatos: Hugo Iglesias Isla (3º A)
Poemas: Julia Sinde Calviño (4º B)
Na categoría A3 (terceiro ciclo):
Relatos: Antón Payno Míguez
Poemas: Lara Rey Rosende.
As ilustracións (que non entran no concurso) corresponden aos seguintes alumnos:
-Debuxo do serán:
Andrea Rey Montoto. 6º Educación Infantil.
-Debuxo de lenda:
Alejandro Iglesias Remesar. 6º Educación Infantil.
NORABOA A TODOS ELES/AS. XA SABEDES QUE COS VOSOS RELATOS E POEMAS EDITAREMOS UN LIBRO E TAMÉN QUE ASISTEREDES A UNHA FESTA MOI ESPECIAL.
XA VOS IREI INFORMANDO, ESCRITORES E ESCRITORAS DO CEIP DE FIGUEIROA!
Coñecendo máis a Rosalía...
Estas últimas semanas estivemos festexando e alongando a celebración do Día de Rosalía. Traballamos fundamentalmente con dous poemas: para Primaria foi Del mar azul las transparentes olas, que aínda que non é en galego serviunos para aproximarnos á obra da escritora e a como ela se inspiraba na súa contorna para escribir, e Foi a páscoa enxoita. Podédelos atopar nos seus libros En las orillas del Sar e Follas Novas respectivamente, que están á vosa disposición na entrada do colexio para que poidades consultalos.
Velaquí os tendes:
En las orillas del Sar.
Velaquí os tendes:
FOI A PÁSCOA
ENXOITA,
CHOVEU EN
SAN XOÁN,
A GALICIA A
FAME
LOGO CHEGARÁ.
CON
MALENCOLÍA
MIRAN PARA O
MAR
OS QUE
NOUTRAS TERRAS
TÉN QUE
BUSCAR PAN.
Follas Novas
DEL MAR AZUL
LAS TRANSPARENTES OLAS
MIENTRAS
BLANDAS MURMURAN
SOBRE LA
ARENA, HASTA MIS PIES RODANDO
TENTADORAS
ME BESAN Y ME BUSCAN.
INQUIETAS
LAMEN DE MI PLANTA EL BORDE,
LANZÁNDOME
AIROSAS SU NEVADA ESPUMA,
Y PIENSO QUE
ME LLAMAN, QUE ME ATRAEN
HACIA SUS
SALAS HÚMEDAS.
MAS CUANDO
ANSIOSA QUIERO
SEGUIRLAS
POR LA LÍQUIDA LLANURA,
SE HUNDE MI
PIE EN LA LINFA TRANSPARENTE
Y ELLAS DE
MÍ SE BURLAN.
Y HUYEN
ABANDONÁNDOME EN LA PLAYA
A LA TERRENA,
INACABABLE LUCHA,
COMO EN LAS
TRISTES PLAYAS DE LA VIDA
ME ABANDONÓ
INCONSTANTE LA FORTUNA.
En las orillas del Sar.
martes, 29 de xaneiro de 2019
Concurso cartas amor Can Valentín
O día dos namorados estase achegando e Radio Estrada proponnos participar na 3ª edición do concurso de cartas de amor Can Valentín. Animádevos!
mércores, 16 de xaneiro de 2019
BASES CONCURSO MICRORRELATOS E MICROPOEMAS
VI Concurso de
microrrelatos e
micropoemas
CENTROS EDUCATIVOS DA ESTRADA
MICROPOEMAS:
O texto presentado debe ser en galego e constar dun mínimo de dous versos e máximo de oito en Primaria, e un mínimo de catro versos e máximo de oito en Secundaria, Ciclos Formativos e Bacharelato.
A temática será libre, pero debe aparecer necesariamente o substantivo SERÁN.
MICRORRELATOS:
O texto presentado debe ser en galego e non conter máis de 100 palabras. A temática será libre, pero debe aparecer necesariamente a palabra LENDA.
CATEGORÍAS A: EDUCACIÓN PRIMARIA A1: 1º e 2º A2: 3º e 4º A3: 5º e 6º B: EDUCACIÓN SECUNDARIA B1: 1º e 2º B2: 3º, 4º, FP Básica e Ciclos Medios C: BACHARELATO E CICLOS SUPERIORES
BASES PARTICIPACIÓN:
PODEN PARTICIPAR ALUMNOS E ALUMNAS DOS CENTROS EDUCATIVOS DO CONCELLO DA ESTRADA: CEIP PÉREZ VIONDI, CEIP CABADA VÁZQUEZ, CPR PLURILINGÜE NOSA SRA. DE LOURDES, CEIP PLURILINGÜE DE OCA, CEIP DO FOXO, CEIP FIGUEIROA, CEIP VILLAR PARAMÁ, IES Nº 1, IES MANUEL GARCÍA BARROS E IES PLURILINGÜE ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ.
PODERASE PARTICIPAR NUNHA MODALIDADE OU NAS DÚAS, PERO CADA PARTICIPANTE SÓ PODERÁ PRESENTAR UN TEXTO POR MODALIDADE.
OS TRABALLOS ENTREGARANSE EN FORMATO A4 NUN SOBRE CON NOME, APELIDOS E CURSO. PRAZO O PRAZO LÍMITE PARA ENTREGAR OS TEXTOS SERÁ O 22 DE FEBREIRO DE 2019, NOS CENTROS RESPECTIVOS.
PREMIOS: UN XURADO, FORMADO POR REPRESENTANTES DOS EQUIPOS DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA DOS DIFERENTES CENTROS, CONCEDERÁ UN PREMIO POR CATEGORÍA E CENTRO. VALORARASE A CREATIVIDADE, A ORIXINALIDADE E CALIDADE LINGÜÍSTICA E LITERARIA. OS TRABALLOS PREMIADOS PODERÁN SER PUBLICADOS POLA ENTIDADE ORGANIZADORA E PODERÁN PUBLICARSE TAMÉN NAS PÁXINAS WEB DOS CENTROS E NAS REVISTAS ESCOLARES.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)