Páxinas

sábado, 20 de marzo de 2021

GAÑADORES E GAÑADORAS DA OITAVA EDICIÓN DO CONCURSO DE MICRORRELATOS E MICROPOEMAS

Estes son os flamantes gañadores e gañadoras do concurso de microrrelatos e micropoemas que organiza Dinamiz@estrada, que agrupa a tódolos centros educativos de A Estrada. Parabéns a todos/as!! 

O pasado martes, día 16 de marzo, reuníronse no colexio Pérez Viondi os coordinadores e coordinadoras dos equipos de dinamización da lingua galega para elexir os poemas e relatos que serán publicados no libro que se edita anualmente con tódolos  traballos seleccionados entre o alumnado participante. Pendentes da evolución da situación de emerxencia sanitaria, este concurso segue levándose a cabo e completarase, se é posible, coa celebración da VII das Palabras, contando como padriño da cerimonia co escritor estradense Xosé Luna Sanmartín, que acompañará aos seguintes gañadores/as:


POEMAS:

A1: Daniel Rey Louzao. 2º EP

A2: Ignacio Eiras Alonso. 3º EP

A3: Iria Miguéns Otero. 6º EP


RELATOS:

A1: Xulia Abet Matalobos. 2º EP

A2: Catro cabalos diferentes. Carme Valentina Iglesias Sánchez.  3º EP

A3: Os meus cabalos. Brais Nogueira Corral. 6º EP


Xa vos seguiremos informando da evolución do concurso!😊


 

HOMENAXEANDO A ROSALÍA

 Como facemos tódolos anos, con motivo de celebrar o 24 de febreiro, cada clase ilustrou un verso dun poema de Rosalía de Castro. Este ano o libro elexido foi Follas Novas e o poema é este que segue:

Dende aquí vexo un camiño

Dende aquí vexo un camiño
que non sei adónde vai;
polo mismo que n'o sei,
quixera o poder andar.
Istreitiño sarpentea
antre prados e nabals,
i anda ó feito, aquí escondido,
relumbrando máis alá.
Mais sempre, sempre tentándome
co seu lindo crarear,
que eu penso, non sei por qué,
nas vilas que correrá,
nos carballos que o sombrean,
nas fontes que o regarán.
Camiño, camiño branco,
non sei para dónde vas;
mais cada vez que te vexo,
quixera poderte andar.

Xa collas para Santiago,
xa collas para o Portal,
xa en San Andrés te deteñas,
xa chegues a San Cidrán,
xa, en fin, te perdas... ¿quén sabe
en dónde?, ¡qué máis me dá!
Que ojallá en ti me perdera
pra nunc amáis me atopar...
Mais ti vas indo, vas indo,
sempre para donde vas,
i eu quedo encravada en onde
arraigo ten o meu mal.
Nin fuxo, non, que anque fuxa
dun lugar a outro lugar,
de min mesma, naide, naide,
naide me libertará.

E as marabillosas ilustracións que fixemos quedaron así de ben:
























Lembrade que podedes seguir lendo os poemas que acompañan a este mesmo no seu libro Follas Novas. Feliz lectura!