Aínda que xa sabedes que foi un acto simbólico, isto non quere dicir que non estiverades representados tódolos gañadores e gañadoras. Para que poidades velo na casa, queda aquí posto o vídeo do devandito acto. Seguide o enlace:
Páxinas
martes, 15 de xuño de 2021
domingo, 13 de xuño de 2021
Gañadores do concurso de vídeo!!
ROSALÍA MIX
Por fin realizamos a gravación de dous poemas de Rosalía de Castro para empregar como podcast na radio escolar. Queredes escoitalos? Xa veredes que ben recitan os nenos e nenas de 4ºB!! Picade no enlace:
VISITA DE XOSÉ LUNA
Esta semana tivemos unha festa literaria no cole. O escritor, mestre e veciño noso Xosé Luna tivo a ben visitarnos para xogar con nós ás palabras fermosas. E esas palabras, non podía ser doutra maneira, aparecían na extensa obra literaria deste escritor prolífico.Pero, como unha imaxe vale máis que cen palabras, aí tendes algunhas deste reencontro que foi, sobre tódalas cousas, emotivo, divertido e enriquecedor para nós.
En primeiro lugar, foi recibido no patio polos alumnos de 5º e 6º de EI, que cantaron, bailaron e recitaron poemas escritos por el.
luns, 7 de xuño de 2021
rapeANDO novembro 2020
RATA LINDA DA ESTRADA
Ola, nenos e nenas! Que tal estades neste tempo previo ás vacacións?
Os alumnos de 3º B de EP traballaron arreo para facer esta representación adaptada ao noso colexio da famosa obra Ratalinda de Compostela. Mirade que lucido lles quedou a estes actores e actrices que están dirixidos pola profe Helena, a súa titora!
martes, 1 de xuño de 2021
VÍDEOCONFERENCIA CO LOSADA
Hoxe á mañá puidemos levar a cabo unha actividade que vimos realizando tódolos anos: unha vídeoconferncia co IES Antón Losada Diéguez. O alumnado de sexto de EP explicoulle ao de terceiro da ESO como fixeron un proxecto durante o primeiro trimestre do curso que consistiu en realizar circuítos eléctricos. Explicáronlles tamén que maqueta elexíron para integrar unha lámpada e que significado tiña para eles. Tamén, compartindo pantalla, puideron ver un vídeo co produto final de cada un. Queremos seguir con esta actividade para o vindeiro ano, pois foi moi interesante para ámbalas dúas partes. Ata pronto, compañeiros do Losada.
CELEBRACIÓN DA VIII EDICIÓN DA FESTA DAS PALABRAS
Hoxe tivemos no Teatro Principal o acto simbólico da Festa das Palabras correspondente a este curso. Foi un acto sinxelo pero cargado de emotividade. Debido ao protocolo do covid non puideron asistir tódolos gañadores e gañadoras e foi elixido ao chou Brais Nogueira, da aula de 6º B de Educación Primaria. El e máis a coordinadora do EDLG foron os encargados de representar ao noso colexio para recoller o diploma de participación e un dos libros cos que serán agasallados os pequenos escritores e escritoras que o encheron de palabras bonitas relativas a lindos cabalos que galopan polo mundo das letras. Aquí tendes a fotografía que aparece no libro e os textos correspondentes ao mesmo. A continuación tendes unha pequena biografía de Xosé Luna, o noso veciño, mestre e escritor, que tivo a ben apadriñar esta festa tan importante para o mundo da literatura en lingua galega por ser berce de actuais e futuros escritores e escritoras.
Nomes de esquerda a dereita:
Daniel Rey Louzao, Brais Nogueira Corral, Xulia Abet Matalobos, Iria Miguéns Otero, Ignacio Eiras Alonso, Carme Valentina Iglesias Sánchez.
Lindo cogomelo,
que me gusta ao comelo.
Daniel Rey Louzao
2º EP
CATEGORÍA A2
Pensei todo o día,
pensei toda a noite,
e coa palabra lindo
ningún poema se me ocorre.
Ignacio Eiras Alonso
3º EP
CATEGORÍA A3
Que lindo é o teu sorriso
que lindo é o teu cantar,
que cada vez que te escoito
entran ganas de bailar.
Pero o que sinto de veras
é non saber tocar
algún instrumento calquera
para poderte acompañar.
Iria Miguéns Otero
6ºB
RELATOS
CATEGORÍA A1
Había unha vez un cabalo que estaba só nun prado e veu unha egua que era moi guapa. El quería casar con ella. Como o cabalo sempre estaba sucio, ocorréuselle unha idea e dixo:”xa sei, podo encherme de lama e despois podo poñerme purpurina”. E a egua dixo: “tes que lavarte máis, a min non me enganas, ti estás sucio e non estás limpo”. O cabalo lavouse porque quería namorar á egua. Ela namorouse del e finalmente foron noivos. E foron á praia dos cabalos a correr.
Xulia Abet Matalobos.
2º EP
CATEGORÍA A2
Catro cabalos diferentes
Érase unha vez un cabalo de ouro, outro de prata, outro de coloríns e tamén un cabalo marrón moi normal. O cabalo marrón quería ser especial, pois os outros tres cabalos non eran normais.
Un día, o cabalo marrón pediu un desexo.
Ao día seguinte o cabalo marrón xa non era desta cor, senon un cabalo verde lima fermoso. Dende entón foi moi feliz.
Carme Valentina Iglesias Sánchez
CATEGORÍA A3
Os meus cabalos
Teño dous cabalos simples, normais, sucios,.. Pero eles teñen unha cousa en peculiar, porque cando eu subo neles, sinto que aparezo noutro mundo no que os cabalos son brancos, limpos e aparte.. poden voar! Xogamos xuntos, doulles de comer..! Pero os meus amigos non me cren. Din que estou tolo, que deixe de soñar..! Pero dame completamente igual, porque eu vino, eu vivino.
Brais Nogueira Corral.
6º EP
Todos eles están recollidos neste marabilloso libro ao que a deseñadora Rosa de Cabanas lle fixo unha portada e unha contraportada moi "lindos"