Páxinas
domingo, 13 de febreiro de 2022
mércores, 2 de febreiro de 2022
NO NIÑO NOVO DO VENTO - CUNQUEIRO
Para festexar o Día da Candeloria escollemos este poema de Álvaro Cunqueiro. Cada clase escribirá un verso do mesmo e entre todos faremos unha composición para colgar na entrada do colexio. Feliz Día a tod@s!
No niño novo do vento
hai unha pomba dourada,
meu amigo!
Quén poidera namorala!
Canta ao luar e ao mencer
en frauta de verde olivo.
Quén poidera namorala,
meu amigo!
Ten áers de frol recente,
cousas de recén casada,
meu amigo!
Quén poidera namorala!
Tamén ten sombra de sombra
e andar primeiro de río.
Quén poidera namorala,
meu amigo!
ÁLVARO CUNQUEIRO. Cantiga nova que se chama Riveira, en Obra en galego completa, Vigo, Ed. Galaxia, 1980.
Picade neste enlace para poder escoitar o poema.
No niño novo do vento- Luis Emilio Batallán
Mirade que ben quedaron os traballiños que fixemos: