Páxinas

xoves, 21 de abril de 2022

ACTIVIDADES PARA AS LETRAS GALEGAS DO SEMINARIO GALÁN

   Aquí tendes unha morea de actividades para ir quentando motores de cara as Letras Galegas. Hai para tódolos niveis. Tamén tendes información do autor, Florencio Delgado Gurriarán.

Picade neste enlace: Día das Letras Galegas

                                                     






                                                               

NOVO LIBRO DE XOSÉ LUNA

 Fai uns días que o noso amigo Xosé Luna presentaba o seu novo libro: Ond`o sol facheaba ô amañecer.

Trata da vida e obra da Cantora da Ulla, Avelina Valladares Núñez, e onde o autor, no limiar nos di que recibamos os versos desta autora non polo moito que valen senón polo moito que significaron e significan.

 Seguro que tamén valen moito. Commprobádeo por vós mesmos/as!


                    


    Estudo sobre a figura da coñecida como Cantora da Ulla, Avelina Valladares Núñez, que se presenta nun libro en tapa dura no que se recollen aspectos da vida e obra da poeta. Unha literata digna de toda clase de eloxios e, por suposto, merecente de ser coñecida e recoñecida como unha das mulleres que participou no rexurdir das nosas letras.

    A primeira parte do libro deriva da investigación directa sobre documentación de arquivos e da análise de varios artigos que sobre a vida da poeta foron publicados en distinto xornais. En canto á segunda parte, corresponde á edición da obra da escritora, con tres cadernos que levan por título "Avelina Valladares y sus poesías. Vilancosta 1902", e que inclúen poemas en galego, poemas en castelán e textos en castelán. Os tres conteñen a obra da escritora e diversos artigos sobre a vida e morte da poeta.

    Así mesmo, inclúense artigos sobre a figura de Avelina Valladares e documentación persoal, mesmo unha pequena galería fotográfica do fogar dos Valladares, o Casal de Vilancosta.


                             
                               

GAÑADORES E GAÑADORAS DA IX EDICIÓN DO CONCURSO DE MICRORRELATOS E MICROPOEMAS

A estas alturas do curso xa coñecemos os nomes dos gañadores e gañadoras do concurso de microrrelatos e micropoemas. Eles e elas van asistir á Festa das Palabras, no teatro Principal, para recibir unha copia do libro que contén todos os traballos gañadores da man de Rosalía Morlán, a madriña deste ano.  Noraboa a todos/as!!

Poemas: 

A1: A chuvia. Rubén Collazo Mesego. 2º.

A2: Ignacio Eiras Alonso. 4º.

A3: Sara Sanín Gómez. 6º.


Relatos:

A1: Martina Magariños Freire. 2º.

A2: Clara Otero Ferreiro. 3º

A3: Alma Díaz Martínez. 5º.