Páxinas

luns, 27 de novembro de 2023

CERTAME DE TEATRO ESCOLAR OLIMPIO ARCA CALDAS

 Con motivo desta mostra de teatro escolar, mañá vémonos no Teatro Principal ás seis e media da tarde para escenificar a obra A propósito dos bicos... Esperámosvos a tod@s!






Día da Infancia na EIM

 O pasado venres tivemos a sorte de celebrar o Día da Infancia cos nenos/as e profes da Escola Infantil Municipal. O alumnado de 2º puido compartir actividades tan divertidas como o pintado de mans con outros compañeiros de menor idade  que se amosaron moi contentos coa nosa  visita. E como teñen  unha cociña deliciosa, elaboraron para nós unha chea de biscoitos dos que demos boa conta.

Pasámolo moi ben. Outro día voltamos!









Ata sempre, veciños e compañeiros!



mércores, 15 de novembro de 2023

CIENCIA EN GALEGO

Hoxe o  IES Antón Losada Diéguez vai realizar unha vídeoconferencia cos nenos e nenas de sexto para tratar temas científicos. Con motivo da conmemoración do Día da Ciencia en Galego, o CCG presenta unha programación especial no seu espazo Proxector. Tendes á vosa disposición novos audiovisuais en galego e en inglés con subtítulos, nos que persoas expertas explican curiosidades científicas relacionadas coa saúde (que bacterias son boas e malas, como se fan resistentes aos antibióticos etc.). Podedes acceder aos vídeos dende: http://consellodacultura.gal/especiais/proxector/especial.php?t=10437.

mércores, 1 de novembro de 2023

SAMAÍN

 Un ano máis o curso botou a andar e xa estamos inmersos nas actividades que realizamos tódolos anos para festexar as diversas tradicións da nosa terra. unha delas é a elaboración de postais que despois enviaremos a varios centros da nosa contorna. Pero nós, ademais de facelas tamén as recibimos. Moitas grazas a todos/as por este agasallo tan especial! E tamén empregamos a biblioteca para traballar e consultar diversos libros relacionados co medo. Aquí tendes un deles:




“Os esqueletos divertidos” é unha divertida historia
protagonizada polos esqueletos dun home, dun neno e dun canque saen unha noite a pasear e a asustar a xente. Lonxe de infundir medo, son personaxes simpáticos e alegres que o pasan ben
-e os lectores canda eles- xogando, cantando e ata atemorizándoseuns aos outros. Pero os dous primeiros son tan despistados
que para reconstruíren os ósos desmontados da súa mascota arman un tremendo, cómico e melódico lío.

O venres teremos o magosto, ata entón seguirémolo pasando de medo!