Páxinas

luns, 30 de maio de 2022

FESTA DAS PALABRAS

 O pasado mércores, 25 de maio de 2022, celebramos a novena edición da Festa das Palabras. Esta vez puideron asistir de maneira presencial tódolos gañadores e gañadoras, que escoitaron as palabras agarimosas da madriña, Rosalía Morlán. Tamén contamos coa actuacion do grupo cuntiense Favorita, que amenizou coa súa música o evento das letras, Aquí tendes as fotos desta festa tan especial e esencial para fomentar a creatividade entre os novos escritores e escritoras. Parabéns a todos/as!




















 

venres, 27 de maio de 2022

mércores, 18 de maio de 2022

ACTIVIDADE LETRAS GALEGAS 6ºB EP

 Con motivo desta celebración desta data tan especial, os alumnos de 6ºB fixeron este vídeo dun poema del que se titula Muiñada. Mirade que bonito:

martes, 17 de maio de 2022

CORRELINGUA 2022

 O pasado xoves asistimos ao Correlingua. Despois de dous anos celebrándoo no colexio, por fin puidemos celebrar a festa da lingua e reivindicar o noso idioma polas rúas da Estrada. Desfrutamos moito bailando ao son dunha banda de rock e coa presentación de Isabel Risco. Velaquí tendes as fotos do evento.
















Aquí aprézanse os dorsais realizados para a ocasión: 




                                Ata o vindeiro ano, Correlingua!

BIOGRAFÍA DE FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN

 


Florencio Manuel Delgado Gurriarán naceu en Córgomo de Valdeorras o día 27 de agosto de 1903. Era o menor de cinco irmáns. Viviu en Córgomo ata os seis anos en que marcha a Ourense e ós dez a Palencia. Nesta última cidade estudou o bacharelato e a carreira de Dereito en Valladolid.

No ano 1928 volveu vivir a Córgomo, comezando a traballar como pasante no bufete do avogado Segudo Trincado. Da personalidade de Florencio, do seu compromiso coa súa terra, fala o feito de que se integrase plenamente cando regresou á súa aldea, e iso que levaba case toda a vida fóra. É un aspecto que salienta Ricardo Gurriarán no seu libro Florencio Delgado Gurriarán (Ediciós do Castro, Sada, 1999). Florencio participaba en tódalas actividades que se organizaban na aldea (de moitas delas era el o organizador). Gustáballe a música e posuía unha voz que destacaba en tódalas festas e esmorgas que facían os mozos de Córgomo, e iso que este lugar sempre gozou dunha merecida fama de bos cantantes.

O compromiso e apego á súa terra levouno a vincularse ás Irmandades da Fala, ó Partido Galeguista e ó Partido Nacionalista Republicano de Ourense. Coa Guerra Civil tivo que exiliarse en México en 1939, tras pasar antes por Portugal e Francia.

En México dirixe as revistas "Saudade" e "Vieiros"(1959).

Volveu a Galicia en 1968, 1976 e en 1981(para ser pregoeiro das festas do Cristo, tomar posesión como Membro de Mérito do IEV). Estas visitas nunca foron definitivas xa que sempre terminaba regresando a México.

O día 14 de maio de 1987, cando tiña 84 anos, morría en California. As súas cinzas foron trasladadas ó seu Córgomo natal.