Ademais da actuación de Manoele de Felisa, este ano, como vén sendo habitualmente, ilustramos un poema de Rosalía de Castro, neste caso, de Cantares Gallegos:
Páxinas
xoves, 10 de marzo de 2022
ILUSTRACIÓN DO POEMA DE ROSALÍA
Ademais da actuación de Manoele de Felisa, este ano, como vén sendo habitualmente, ilustramos un poema de Rosalía de Castro, neste caso, de Cantares Gallegos:
mércores, 2 de marzo de 2022
DÍA DE ROSALÍA NO TEATRO PRINCIPAL
Aroa Lorenzo e Aroa Pereira recitaron no Teatro Principal este poema de Rosalía de Castro:
Nasín cando as prantas nasen
no mes das froles nasín,
nunha alborada mainiña,
nunha alborada de abril.
Por eso me chaman Rosa,
mais a do triste sorrir,
con espiñas para todos,
sin ningunha para ti.
Desque te quixen, ingrato,
todo acabóu para min,
que eras ti para min todo,
miña groria e meu vivir.
¿De qué, pois, te queixas, Mauro?
¿De qué, pois, te queixas, di,
cando sabes que morrera
por te contemplar felís?
Duro cravo me encravaches
con ese teu maldesir,
con ese teu pedir tolo
que non sei qué quer de min,
pois dinche canto dar puden
avariciosa de ti.
O meu corasón che mando
cunha chave para o abrir.
Nin eu teño mais que darche,
nin ti máis que me pedir.
DÍA DE ROSALÍA CON MANOELE DE FELISA
O Día de Rosalía celebrámolo por todo o alto no noso colexio! Estivo con nós o músico Manoele de Felisa. Primeiro pasou polas aulas de EI, despois fixo unha pequena actuación para os cursos de 1º, 2º e 3º e, por último, os de 4º, 5º e 6º bailaron e cantaron as súas fermosas cancións que estiveron basadas,sobre todo, na figura de Rosalía de Castro.Que ben o pasamos con este magnífico artista!
Antes de rematar, Aroa Lorenzo e Aroa Pereira recitaron ante todos un poema que crearon na súa clase cos corazóns de Luna dos que falamos en anteriores actividades.
OS CORAZÓNS DE XOSÉ LUNA
A finais do curso pasado estivo con nós o escritor estradense Xosé Luna. Deixounos no cole, ademais da lembranza dunha agradable e proveitosa visita, unha chea de corazóns de madeira cunha palabra dalgunha das súas obras escrita no seu interior. Con eles, para conmemorar o día da candeloria fixemos unha chea de versos, cada clase un poema. Dalgunhas palabras non coñeciamos o significado e buscalo no dicionario foi tamén unha actividade enriquecedora. Que ben quedaron! Grazas, amigo Luna!