Páxinas

xoves, 28 de outubro de 2021

POSTAIS DO SAMAÍN

Estes días estamos celebrando o Samaín. Comezamos coa exposición de cabazas, as carreiras, a actuación de Paco Nogueiras e, como non, o venres desfrutaremos no padal co magosto. En realidade, xa a pasada semana nos adicamos a preparar as postales coas que felicitamos aos nosos amigos e amigas cos que o faciamos habitualmente por estas datas coas postais físicas. Como non podemos, por mor do covid, enviámolas mediante este vídeo, pero non por iso son menos importantes. Estades no noso pensamento e esta é só unha maneira de dicírvolo.

Van especialmente adicadas á Escola Infantil Municipal, ao Centro Sociocultural, ao Ceip Pérez Viondi e ao IES Antón Losada Diéguez.

 Moitas grazas por colaborar con nós.


 Hoxe veunos visitar o cantante e músico Paco Nogueiras. Xa sabedes que foi o premio co que nos agasallou Correligua por gañar o concurso de vídeo. Respectamos en todo momento a distancia de seguridade que marca o protocolo Covid.

Déixovos aquí unhas fotos para compartir con vós estes momentos tan divertidos que vivimos hoxe no cole. Pasámolo fenomenal! 












domingo, 24 de outubro de 2021

SAMAÍN

 Estes días imos celebrar o Magosto e o Samaín con diversas actividades: exposición de cabazas, degustación de castañas, carreiras, a actuación de Paco Nogueiras.. Pero sabedes cal é a razón de ser desta festividade? Se a resposta é negativa, aquí tendes a explicación. Ah, e por certo,.. PASÁDEO MOI PERO QUE MOI BEN!

Hai aproximadamente 2.600 anos chegaron a Galicia os pobos Celtas. Ademais dos seus adiantos científicos e técnicos, como foi a metalurxia do ferro, tamén trouxeron a súa cultura e as súas crenzas. Os celtas eran politeístas, adoraban a moitos deuses: Dagda (deusa da bondade), Nuada (guerra), Bríxida (lume), Ogma (forza e literatura) Donn (morte), Lugh (sabiduría), As Morrigan (das batallas)…. De aí que as súas festas coincidan con determinadas datas relacionadas coas estacións e cos seus cambios:

 • 1 Febreiro en honra a de idade Imbole.

 • 1 Maio en honra a de idade Beltain.

 • 1 Agosto en honra a de idade Lungh.

 • 1 Novembro en honra a de idade Samaín.

O igual que outros pobos bárbaros, os Celtas consideraban as cabezas dos seus inimigos máis que como un botín de guerra coma un dos misterios do ser humano. Crían que "aquel que posuíse unha caveira posuiría a forza máxica da súa pantasma". Cando as colocaban en lugares estratéxicos non só lle concedían valores defensivos senón que tamén lles crían capaces de sucesos prodixiosos dende cánticos celestiais, arrepiantes berros e sobre todo profecías verdadeiras.

 A festa do Samaín, festa laica que representa a fin do verán, das colleitas e o inicio do verán, era a festa máis importante dos 1 celtas e marcaba os inicios do ano novo celta representaba a festa dos mortos. Esta era a data máis perigosa do seu calendario posto que o mundo dos mortos, o Outromundo, facíase accesible para os mortais, podendo pasar a formar parte del por culpa dun feitizo ou meigallo. Cando chegaban as celebracións do Samaín (o chegaren as longas noites escuras) tense por certo que os celtas colocaban unha velas rudimentarias no interior das caveiras dos inimigos mortos, colocándoas nos cruces de camiños, nos arredores e nas muradas dos seus castros, co obxecto de arrepiaren os inimigos, para asombro e veneración das súas xentes e para esconxurar os perigos da celebración. Moitos anos despois o cristianismo escolleu estas datas para celebraren o día de defuntos e tódolos santos. 

UN FENÓMENO CULTURAL INTERNACIONAL

 Foron moitos os pobos que ó longo da historia atoparon nas cabezas do inimigos un elemento máxico de adoración e veneración; é sen dúbida a festa de Hallowen, que se celebra o día 1 de Novembro que ven do mundo británico con raíces celtas e o fenómeno cultural máis vencellado á nosa festa do Samaín.. Non se trata pois de comparar o Samaín coma unha copia do Hallowen, nin viceversa. As dúas celebracións son vestixios similares que arrancan de raíces culturais que noutro tempo coincidían no pobo galego e no británico.



domingo, 17 de outubro de 2021

CONCURSO DE RELATO ORAL


Un  ano máis estamos convidados a participar no X Concurso de Relato Oral Tíralle da Lingua, da AS-PG, dirixido ao alumnado e profesorado dos centros de ensino. A data límite de inscrición é o venres, 19 de novembro. Para ver toda a información relativa a el,  picade aquí:

                                   Bases Concurso Relato Oral




Animádevos a participar!

 

FESTA FINAL DO CORRELINGUA

 Este curso, ao igual có anterior, por mor do covid non puidemos asistir á festa do Correlingua como faciamos tódolos cursos alá polo mes de maio aproximadamente. Por iso, o día 3 de novembro teremos a oportunidade de participar nela mediante a súa retransmisión por streaming dende o Teatro Principal. O importante é desfrutar da celebración, aínda que sexa dende o colexio! 



E lembrade inmunizarvos co noso idioma!

ACTUACIÓN DE PACO NOGUEIRAS

 Dado que os alumnos e alumnas que este curso están en 6ºB de EP gañaron o concurso de vídeo do Correlingua deste ano, esta entidade agasallounos cunha actuación do cantante Paco Nogueiras no noso cole. Terá lugar o 28 de outubro e poderá asistir a ela o alumnado de 5º e 6º  de Primaria. Que boa maneira de ir quentando motores para a celebración do Magosto e Samaín do venres!  Que ben o ides pasar! Noraboa!


POSTAIS DO SAMAÍN

Que tal, amiguiños e amiguiñas! 

O PDI do noso colexio xa está en marcha, e  dende o EDLG tamén xa puxemos a funcionar a nosa variante, que se denomina A voltas coa lingua. Xa sabedes que non escatimamos forzas no noso afán de provomer e dar relevancia á lingua galega! Por iso, agora que se achegan o  Magosto e o Samaín  queremos felicitar aos nosos compañeiros colaboradores envíándolles, coma tódolos anos, unhas divertidas postais que fagan alusión a estas festividades que imos celebrar conxuntamente o día vinte e nove deste mes.
Cada clase elaborará, polo menos, unha postal ou as que desexe, para despois facerlles unha foto e enviarllas a outros coles e institucións coas que compartimos a nosa actividade dinamizadora. O tamaño é libre, así como os materiais que empreguedes para facelas. Polo tema do covid, non entregaremos as postais físicas, pero esperamos que algún día non moi lonxano poidamos voltar a  facelo. 
O importante é seguir realizando actividades que nos impliquen a todos e que espallen os lazos de amizade do noso centro cos outros. Animádevos, que de seguro que van quedar moi ben!



Os personaxes do Samaín xa andan preparándose para facer das súas!!