Páxinas

xoves, 29 de outubro de 2020

ACTIVIDADES INTERACTIVAS CON MORTIÑA

Xa coñecedes os libros de Mortiña, un clásico destas datas. Aquí tendes unha serie de tarefas en galego coas que podedes aprender e pasalo ben ao mesmo tempo!

 ACTIVIDADES

INTERCAMBIO DE POSTAIS SAMAÍN

 Os nenos e nenas deste colexio tamén quixeron felicitarnos o Samaín e enviáronnos estas postais tan divertidas! Grazas, compañeiros-as!

Postais Pérez Viondi 1

Postais Pérez Viondi 2 

SAMAÍN 2020

Que tal? Como vai a cousa? Eu ben sei que estades todos ben, que sodes uns valentes! Superastes un confinamento longo e prolongado dando mostras de que podedes con todo. Neste curso  temos que adaptarnos ás novas circunstancias. O que non podemos é deixar de celebrar na medida do posible os acontecementos que van tendo lugar  aínda que sexa dunha maneira diferente! Este ano a nosa maneira de facer o intercambio de postais do Samaín é mediante esta gravación, pois o importante é lembrarse dos amigos e amigas cos que teremos contacto durante o curso, pois eles son importantes para nós. A ver se recoñecedes as vosas postais..! Que pasedes todos e todas uns días cheos de diversión e felicidade!

Picade neste enlace para velo:


https://drive.google.com/file/d/1jcUyTS5OZOw4zgGbt5m8KYQGdrtpsOFg/view?usp=sharing