Páxinas

luns, 20 de xuño de 2022

OBRADOIRO CAMIÑO CIRCULAR

 Hoxe, e para pechar as actividades relativas a este curso, veunos visitar Mar, da cooperativa estradense Camiño Circular. Ademais de pasalo moi ben, aprendemos moitas cousas dos produtos que se están elaborando no noso concello e moitos dos cales son descoñecidos para nós. Asi, puidemos ver que a nosa contorna produce leite, queixos, ovos, marmelada, mel, aceite, rosquillas, amorodos desecados,.. e todo da máxima calidade. Tamén, Mar explicounos a importancia que ten mercar na nosa zona, pois isto é moi importante para a dinamización do rural. 

E como para crer hai que ver, ou mellor dito, probar, tróuxonos unha morea de produtos riquísimos dos que demos conta en tempo de nada, pois era case a hora do recreo e a fame xa se facía notar. E por riba, con estas cousas tan ricas.. Mirade, mirade.. A que se vos fai a boca auga?

                                       Primeiro comezamos coas explicacións.





Despois, Mar entregoulle ás gañadoras do concurso de Camiño Circular, Carme e Sara,  no que participamos a principio de curso, unha sorpresa que lle tiñamos reservada dende o colexio.







 Así quedou a foto de familia:



E cando rematamos e ollamos o que había nas mesas...



..                                       non puidemos resistirnos e atacamos! 




Hummm! Que rico! Certamente, este obradoiro deixounos moi bo sabor de boca! Xa sabedes que os produtos co selo da Estrada teñen un plus de calidade engadido. Hai que probalos! E con isto despedímonos ata o vindeiro curso!! Felices vacacións a todos/as. E lembrade que hai que seguir dinamizando a lingua galega!


























xoves, 2 de xuño de 2022

VÍDEO DA FESTA DAS PALABRAS

Xa puidestes ver as fotos da Festa das Palabras, pero se picades neste enlace podedes ver o vídeo que nos pasaron dende o Concello. Seguro que vos gusta! 


                                          Festa das Palabras