Páxinas

sábado, 3 de decembro de 2016

FESTA DA POESÍA

O 2 de decembro participamos na Festa da Poesía. Escollemos cinco poemas do libro Cantarolas, de Anisia Miranda e Xosé Neira Vilas.

























HOMENAXE A DON OLIMPIO ARCA CALDAS

O  día 29 de novembro o Ceip de Figueiroa participou na homenaxe a Don Olimpio Arca Caldas que tivo lugar no Teatro Principal. Participamos cunha audiobiografía realizada por nenos e nenas de Educación Infantil e cunha lectura dramatizada dun texto seu feita por alumnado de Primaria. Ademais, tivemos a sorte de contar coa colaboración dunha nai que foi alumna do autor homenaxeado cando foi mestre no noso colexio.





 

Se queredes  ver a audiobiografía seguide este enlace:

domingo, 30 de outubro de 2016

CELEBRACIÓN DO SAMAÍN E DO MAGOSTO 2016

Estes días o noso colexio tivo unha magnífica exposición de cabazas que todos puidestes ver e desfrutar. Grazas ás familias que, coma sempre, colaboraron nas actividades propostas. 














E o día do magosto demos boa conta das saborosas castañas asadas ...! Tamén houbo maratóns  para darlle  máis emoción a un evento tan especial! Esta é  só unha pequena mostra do patio de Infantil  pero a verdade é que foi ESPECTACULAR!


Preparados, listos.. XA!




E despois, o máis importante, a comer..!






Que ben o pasamos. A ver se o vindeiro ano temos un día tan bo..!

 

domingo, 29 de maio de 2016

CELEBRACIÓN DA III FESTA DAS PALABRAS

O pasado 26 de maio asistimos á terceira edición desta marabillosa festa onde se unen a palabra e a música. O grupo Nai deleitounos cunha coidada selección musical que amenizou este encontro literario tan importante.
Comezamos co protagonista: o libro que se editou cos poemas e relatos gañadores:




A portada lo libro e os marcapáxinas foron deseñados por Rosa de Cabanas.


Estas son as ilustracións feitas polo alumnado de EI:









E comezamos a función..!




O persoal do noso colexio xa se estaba preparando..



O grupo Nai fixo un bonito comezo de festa.






..E a continuación o padriño, David Otero, leu unhas fermosas palabras relacionadas co evento..






E os presentadores comezaron a chamar aos gañadores e gañadoras. Preparados, listos, xa!





Foron pasando tódalas categorías e modalidades...






Juan Constenla tamén estivo presente no acto.














Outro pouquiño de música..




Chegamos á mitade e a Maite e a Raquel tocoulles subir...










Entregaron os premios e saíron na foto do grupo.
























E para rematar, fixemos as fotos de familia...














Aquí estamos nós..!




Que ben o pasamos! Noraboa a a todos e a todas. Grazas por participar e ata o vindeiro ano!


Se queredes ter máis información e ver máis fotos podedes facelo nesta dirección:


www.farodevigo.es/multimedia/fotos/cultura2016-05-27-61034-festa-palabras-estrada.html