Páxinas

venres, 31 de maio de 2024

FOTOS DA FESTA DAS PALABRAS


A semana pasada tivo lugar a Festa das Palabras no Teatro Principal. Foi un acto moi emotivo no que os gañadores e gañadoras subiron ao escenario coller o agasallo que que os obsequiaba Dinamizaestrada: un caravel e o libro que contén os textos do concurso. 

Aquí tendes as fotos desta festa da cultura e da literatura  xove que agroma con forza na Estrada.

Ata a próxima edición e noraboa a tódolos participantes e en especial aos que foron seleccionados!

























martes, 21 de maio de 2024

FESTA DAS PALABRAS

O mércores 22 de maio terá lugar a Festa das Palabras, que este ano presenta unha nova edición. Será ás oito da tarde no Teatro Principal. Escoitaremos ao padriño do evento, Carlos Loureiro, desfrutaremos dunha bonita actuación musical e veremos como os gañadores e gañadoras suben ao escenario a recoller o seu agasallo. Vémonos alí!

Para obter máis información podedes picar neste enlace: Festa das Palabras




domingo, 19 de maio de 2024

CELEBRANDO AS LETRAS CON SUSO VAAMONDE

 A semana pasada fixemos no colexio unha serie de actividades que foron o preludio da gran festa que ía vir o venres 17 de maio: a celebración do  Día das Letras Galegas. Xa sabedes que a autora homenaxeada este ano, Luísa Villalta, ademais de escritora tamén tiña unha gran vocación musical que levou á práctica tocando varios instrumentos: comezou a tocando a guitarra e o piano, pero descubriu que a súa auténtica paixon ía ser o violín, o violino, como lle chamaba ela. 

E que mellor, para honrar esta faceta de Luísa, que convidar ao noso colexio a un gran músico de instrumentos populares galegos: Suso Vaamonde. Centrou a súa intervención en tres deles: a zanfona, o acordeón e a gaita. Explicou o seu funcionamento e tamén nos deleitou interpretando varios temas nos que os nenos e nenas acompañaron coas palmas e tamén cantando. O alumnado de 4ºA cantou un rap sobre Luísa Villalta e  tocou diversos instrumentos. Fixérono de marabilla!

Aquí tendes varias fotos nas que podedes ver diferentes momentos da actuación. Foi incrible! Ata outra, Suso!














E tamén hai que agradecerlles aos nenos  e nenas de 4ºA e ás súas profes que nos ofreceran esta actuación musical tan especial!







luns, 13 de maio de 2024

INFORMACIÓN DE LUÍSA VILLALTA





 O Día das Letras Galegas xa está máis preto e aquí tendes este enlace no que atoparedes datos da vida desta escritora e música tan importante para a cultura galega. Tamén hai vídeos e traballos feitos para esta celebración.  Picade aquí: Vida e obra de Luísa Villalta

mércores, 1 de maio de 2024

SEMINARIO GALÁN LUÍSA VILLALTA

 Aquí tendes o enlace para visualizar ou descargar a vida e obra da escritora homenaxeada este ano polas Letras Galegas. Feliz Lingua!





Picade aquí: LETRAS GALEGAS 2024









ROTEIRO LITERARIO CON XOSÉ LUNA

 A semana pasada os alumnos e alumnas de 2º de EP tiveron a sorte de asistir a un roteiro literario guiado por Xosé Luna, mestre e escritor estradense. 

O motivo desta fantástica ocasión de compartir un tempo precioso dende o punto de vista literario e persoal foi o de ir vivenciando diversos lugares que aparecen no seu poemario Camiñando camiñando.



Estes lugares forman parte da traxectoria vital de Xosé Luna, que naceu e vive na Estrada.



Reunímonos no parque e unha das primeiras sorpresas foi que o alcalde baixou do concello a ler un poema deste libro. 

Despois seguimos o percorrido, pasando pola rúa Bedelle e a  súa antiquísima cerdeira ata chegar á Carballeira do Chocolateiro.

En cada parada lemos un poema.






Estivemos no Teatro Principal, no que nos contaron como se preparan as funcións. Alí tamén lemos un poema do libro.


Nalgúns locais sumáronse ás lecturas:

Finalmente, e despois de pasar pola Porta do Sol e de que Xosé nos convidara a churros e case rematadas as recitacións, dispuxémonos a marchar.




A nosa derradeira lectura foi na Praza da Farola co poema Camiño ao corazón e que vos convidamos a que leades dende este marabilloso libro!

Gustounos moito este día no que aprendemos tantas cousas da Estrada que non coñeciamos e ao mesmo tempo, desfrutamos do recitado deste poemario cheo de vida e que podemos dicir que se resume no poema que fomos repetindo varias veces durante a andaina:

O CAMIÑO

Amodiño, amodiño,
      vou pola estrada da vida
   percorrendo o camiño.



Moitas grazas, Xosé, por compartir con nós estes camiños da vida!