Páxinas

xoves, 15 de decembro de 2022

PARLADOIRO CON ESTHER ESTÉVEZ

Esther Estévez é unha xornalista galega, coñecida como presentadora do programa de divulgación lingüística Dígocho eu da TVG. Despois de estudar xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela, comeza a traballar na Área de información da TVG onde empeza a presentar este programa no ano 2020. Un programa dirixido de xeito especial á xente nova que se difunde a través tamén de redes sociais como You Tube, Instagram e Tik Tok. Dende o ano 2021, Esther presenta Dígocho eu no twich da CRTVG con dous programas semanais: o primeiro, "O reto do #DígochoEu#, onde realiza entrevistas e probas lingüísticas a personaxes relevantes galegofalantes; e o segundo, o "Apuntamento lusófono", que presenta xunto co actor portugués Rodrigo Paganelli. O 19 de marzo de 2022, Esther recibiu o premio Mestre Mateo á mellor comunicadora na 20 edición destes prestixiosos premios. Un acto onde o seu programa tamén recollería o galardón ao mellor programa de televisión. Neste Parladoiro que se celebrou hoxe, 15 de decembro, no Teatro Principal, ademais de falar sobre o tema lingüístico, Esther amosounos ese lado persoal que se agocha detrás da presentadora. Diversos alumnos dos centros educativos da Estrada tiveron a oportunidade de preguntarlle aquilo que querían saber, ao que Esther respostou con espontaneidade e sempre, sempre, animándoos a farlar en galego. Aquí tendes unha foto da representación do noso cole, que dende logo, lembrará durante moito tempo este encontro que nos deixou tan bo sabor na lingua.
De esquerda a dereita: Rafa, Lois, Carmen, Esther, Carme e Irene.

venres, 9 de decembro de 2022

VÍDEO DE A GALIÑA AZUL DO ALUMNADO DE 6ºC

Aquí tendes a actuación dos nenos de 6ºC no Certame de teatro escolar Olimpio Arca. Noraboa aos participantes!

 

sábado, 3 de decembro de 2022

FOTOS DA FESTA DA POESÍA

 Pois a Festa da Poesia xa pasou e aquí vos quedan estas fotos  para que poidades ver o vistosos que quedaron os participantes, tanto as nenas que recitaron os poemas de terror e romanticismo coma os que fixeron a poción máxica para ser un bo poeta! Así fixemos mención aos xéneros máis comúns dos que se serve o cine, tema central do Proxecto Documental Integrado deste ano. Luces, cámara e acción!!

O presentador, Xosé Lueiro:


Os nenos e nenas do Ceip de Figueiroa en acción:








O gañador deste ano do certame Avelina Valladares de poesía por segundo ano consecutivo: Manuel López Rodríguez,




Aquí tendes unha pequena mostra do ben que o fixeron os nosos recitadores:



Moitas grazas ás familias pola súa colaboración  e que viva a poesía!















xoves, 1 de decembro de 2022

FESTA DA POESÍA

 Hoxe participaremos co noso Poemario de Cine á Festa da Poesía, que será no Teatro Principal ás oito da tarde. Vémonos alí!




NOVO LIBRO DE XOSÉ LUNA

 Velaquí tendes o  novo libro do noso veciño e amigo Xosé Luna. Podedes asistir á súa presentación, que terá lugar o luns 5 de decembro ás 19:00 horas no Liceo de Ourense (Rúa Valentín Lamas Carbajal, 5).


PARTICIPARÁN NO ACTO DE PRESENTACIÓN:

JOSÉ LUIS TROITIÑA MOTA

Xerente do Liceo

ARMANDO REQUEIXO 

Profesor, escritor, investigador e crítico literario 

BEATRIZ QUINTELA

Directora do IES nº1 da Estrada

OLAYA NAVEIRA

Ilustradora do libro

VALENTÍN GARCÍA

Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia

XOSÉ LUNA

Autor do libro 


RECITAL MÚSICO POÉTICO

MARÍA DO CEO

MANOELE DE FELISA

JAVIER MIRANDA

Música en directo


ALUNMNADO DO CEIP A PONTE

ALUMNADO DO CEIP VIRXE DA PENA DA SELA

O acto será presentado por Susana Godoy

(mestra do Ceip A Ponte)

ESTADES TODOS/AS CONVIDADOS/AS A ESTE EVENTO TAN IMPORTANTE PARA AS NOSAS  LETRAS!