Páxinas

domingo, 23 de outubro de 2022

Parladoiro con Ledicia Costas

 O pasado venres, 21 de outubro, asistiron dúas alumnas representando ao Ceip de Figueiroa ao Parladoiro que tivo lugar no Teatro Principal e que desta vez contou coa presenza da escritora Ledicia Costas. Elas fixéronlle unha pregunta cada unha sobre a súa obra. A continuación asinou nun libro da nosa biblioteca e tamén nos de Uxía e Irene, as nosas representantes.  

O decorado do escenario lembraba o ambiente fúnebre de moitos dos seus libros.




 

 Asinando no noso libro da biblioteca:





Graciñas, Ledicia! Coidarémolo moito! Ata outro parladoiro!



mércores, 19 de outubro de 2022

Unidade didáctica do Magosto

 Estes días estámonos preparando para a celebración do Samaín e do magosto.. Pasarémolo moi ben, pois poderemos vir disfrazados-as cando festexemos  o Samaín ( o 28 de outubro) e   comer castañas cando sexa o Magosto (o 11 de novembro). Aquí tendes unha unidade didáctica relativa ao magosto, para ir degustando este produto tradicional galego deste tempo de outono.

Benvida do EDLG e acceso a Unha lingua guapa

 Que tal? Como vai todo? Este ano comezamos con máis forza ca nunca! Despois destes anos de pandemia, parece que por fin imos poder desenvolver o noso proxecto dunha maneira un pouco máis normalizada. Sabemos que aínda temos que obrar con cautela pero polo menos xa imos poder participar de maneira presencial en actos que pasaron a ser virtuais estes dous últimos cursos. Esperemos que isto non se torza e poidamos ter un ano de colaboracións satisfactorias para todos-as!

Este ano o Proxecto Documental Integrado está adicado ao cine. Dende o noso equipo, queremos promocionar e dinamizar a lingua galega, como idioma válido en tódalas situacións da nosa vida. Neste  apartado, como en moitos outros, aínda queda moito por facer, pero para iso estamos nós aquí, por iso adaptamos o eixo vertebrador, que é o cine, as nosas actividades e diferentes intervencións e denominámolo Unha lingua de cine. Tendes as entradas? Pois veña, que entramos, todos-as somos benvidos-as!!

E que mellor maneira de comezar que indo, precisamente, a ver unha película. Esta non é unha película calquera, é moi especial, porque trata das orixes da lingua galega. Realizouna un colexio de Moraña a partires dunha idea de Fina Casalderrey. 

Seguro que vos vai gustar e ides aprender un montón! Preparados-as!!