Estes días imos celebrar o Magosto e o Samaín con diversas actividades: exposición de cabazas, degustación de castañas, carreiras, a actuación de Paco Nogueiras.. Pero sabedes cal é a razón de ser desta festividade? Se a resposta é negativa, aquí tendes a explicación. Ah, e por certo,.. PASÁDEO MOI PERO QUE MOI BEN!
Hai aproximadamente 2.600 anos chegaron a Galicia os pobos
Celtas. Ademais dos seus adiantos científicos e técnicos, como
foi a metalurxia do ferro, tamén trouxeron a súa cultura e as
súas crenzas.
Os celtas eran politeístas, adoraban a moitos deuses: Dagda
(deusa da bondade), Nuada (guerra), Bríxida (lume), Ogma (forza
e literatura) Donn (morte), Lugh (sabiduría), As Morrigan (das
batallas)…. De aí que as súas festas coincidan con determinadas
datas relacionadas coas estacións e cos seus cambios:
• 1 Febreiro en honra a de idade Imbole.
• 1 Maio en honra a de idade Beltain.
• 1 Agosto en honra a de idade Lungh.
• 1 Novembro en honra a de idade Samaín.
O igual que outros pobos bárbaros, os Celtas consideraban as
cabezas dos seus inimigos máis que como un botín de guerra
coma un dos misterios do ser humano. Crían que "aquel que
posuíse unha caveira posuiría a forza máxica da súa pantasma".
Cando as colocaban en lugares estratéxicos non só lle concedían
valores defensivos senón que tamén lles crían capaces de
sucesos prodixiosos dende cánticos celestiais, arrepiantes
berros e sobre todo profecías verdadeiras.
A festa do Samaín, festa laica que representa a fin do verán, das
colleitas e o inicio do verán, era a festa máis importante dos
1
celtas e marcaba os inicios do ano novo celta representaba a
festa dos mortos. Esta era a data máis perigosa do seu
calendario posto que o mundo dos mortos, o Outromundo, facíase
accesible para os mortais, podendo pasar a formar parte del por
culpa dun feitizo ou meigallo. Cando chegaban as celebracións do
Samaín (o chegaren as longas noites escuras) tense por certo
que os celtas colocaban unha velas rudimentarias no interior das
caveiras dos inimigos mortos, colocándoas nos cruces de camiños,
nos arredores e nas muradas dos seus castros, co obxecto de
arrepiaren os inimigos, para asombro e veneración das súas
xentes e para esconxurar os perigos da celebración.
Moitos anos despois o cristianismo escolleu estas datas para
celebraren o día de defuntos e tódolos santos.
UN FENÓMENO CULTURAL INTERNACIONAL
Foron moitos os pobos que ó longo da historia atoparon nas
cabezas do inimigos un elemento máxico de adoración e
veneración; é sen dúbida a festa de Hallowen, que se celebra o
día 1 de Novembro que ven do mundo británico con raíces celtas
e o fenómeno cultural máis vencellado á nosa festa do Samaín..
Non se trata pois de comparar o Samaín coma unha copia do
Hallowen, nin viceversa. As dúas celebracións son vestixios
similares que arrancan de raíces culturais que noutro tempo
coincidían no pobo galego e no británico.