mércores, 22 de decembro de 2021

CONCURSO CAMIÑO CIRCULAR

 Como xa sabedes, este ano tamén participamos no concurso de Camiño Circular Eu como con ollo. E ti? Tivemos dúas gañadoras nas modalidades de Debuxo e Poesía. Parabéns para elas e tamén para todo o colexio en xeral. Fixéstelo fenomenal!

Sara Garrido Gorís, de 5º.

Carme Ferro Miranda, de 6º.






     A seguir participando!

FESTA DA POESÍA

O pasado 3 de decembro tivo lugar no Teatro Principal a Festa da Poesía. O noso colexio estivo moi ben representado por Aroa Pereiro e Adrián Silvoso, de 6º curso de EP. Eles recitaron estupendamente o poema ¿Non te Lembras? do escritor estradense Manuel Cabada Vázquez. Velaquí  tendes unhas cantas estrofas que corresponden a el:






Non atopamos mellor maneira de homenaxealo. As voces de Aroa e Adrián reflectiron todo o sentimento do seu poema. Por iso el tamén  permanecerá sempre na nosa lembranza.

luns, 13 de decembro de 2021

PRESENTACIÓN DO LIBRO DE CHARO GOLMAR

Dende o noso colexio convidámosvos a asistir a este acto tan importante para a nosa cultura e literatura. Vémonos alí!