Pois si, imos de festa en festa! No Figueiroa Letras Fest, ademais de desfrutar da actuación de Manoele de Felisa, tivemos ocasión de felicitar aos gañadores e gañadoras do concurso de microrrelatos e micropoemas que organiza Dinamizaestrada, que agrupa a tódolos centros educativos da Estrada. Fixemos unha entrega de diplomas para eles e tamén para os/as finalistas:
Páxinas
xoves, 28 de maio de 2026
domingo, 10 de maio de 2026
BEGOÑA CAAMAÑO
Begoña Caamaño Rascado é a persoa homenaxeada este ano polas Letras Galegas. A súa vida e a súa obra literaria xiraron en torno ao feminismo, do que foi unha entusiasta activista. No colexio temos libros para achegarnos ao coñecemento da súa traxectoria e aquí tendes actividades que nos levarán a coñecela mellor e a entender o porqué desta merecida lembranza o 17 de maio.
Picade nestes enlaces para acceder á información:
Actividades do Seminario Galán por cursos
Podedes ver estes vídeos relacionados coa homenaxeada:
FELICES LETRAS GALEGAS 2026!
ÍMONOS EMBEGOÑAR NÓS TAMÉN!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)