Páxinas

mércores, 2 de marzo de 2022

OS CORAZÓNS DE XOSÉ LUNA

 A finais do curso pasado estivo con nós  o escritor estradense Xosé Luna. Deixounos no cole, ademais da lembranza dunha agradable e proveitosa visita, unha chea de corazóns de madeira cunha palabra dalgunha das súas obras escrita no seu interior. Con eles, para conmemorar o día da candeloria fixemos unha chea de versos, cada clase un poema. Dalgunhas palabras non coñeciamos o significado e buscalo no dicionario foi tamén unha actividade enriquecedora. Que ben quedaron! Grazas, amigo Luna!