XIII Concurso de microrrelatos e micropoemas
Centros educativos da Estrada_Dinamizaestrada
Participación e prazos
Poden participar alumnos e alumnas dos centros educativos do concello da Estrada: CEIP Pérez Viondi, CEIP Cabada Vázquez, CPR Plurilingüe N. S. de Lourdes, CEIP Plurilingüe de Oca, CEIP do Foxo, CEIP Figueiroa, CEIP Manuel Villar Paramá, IES Avelina Valladares, IES Manuel García Barros e IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez.
Os traballos entregaranse en formato A4 nun sobre con nome, apelidos e curso, nos centros respectivos. O prazo límite para entregar os textos rematará o 27 de febreiro de 2026.
Modalidades
Poderase participar nunha modalidade ou nas dúas que seguen, pero cada participante só poderá presentar un texto por cada unha delas.
Microrrelatos Micropoemas
O texto presentado debe estar en O texto presentado debe estar en galego e galego e non conter máis de 100 constar dun mínimo de dous versos e palabras, para calquera das máximo de oito na categoría de Primaria, categorías. e un mínimo de catro e máximo de oito versos no resto das categorías.
A temática será libre, pero debe
aparecer necesariamente a A temática será libre, pero debe aparecer palabra AZUL. necesariamente a palabra NOITE.
Categorías
A: Educación Primaria B: Educación Secundaria C: Bacharelato, Ciclos
A1: 1º e 2º B1: 1º e 2º ESO Medios e Ciclos
A2: 3º e 4º B2: 3º e 4º ESO, Ciclos Superior
A3: 5º e 6º Básicos
Premios
Un xurado, formado por un/unha representante dos Equipos de Dinamización Lingüística dos diferentes centros, concederá un premio por modalidade, categoría e centro. Valorarase a creatividade, a orixinalidade e calidade lingüística e literaria. Os traballos premiados poderán ser publicados pola entidade organizadora e poderán publicarse tamén nas páxinas web dos centros e nas revistas escolares.