Páxinas

martes, 28 de febreiro de 2017

DÍA DE ROSALÍA NO MOME

O pasado 23 de febreiro o noso colexio participou neste evento coa lectura por parte da alumna de 6º B, Kenia Souto, dos seguintes poemas:

Castellanos de Castilla,
tratade ben ós gallegos;
cando van, van como rosas;
cando vén, ven como negros.  

Cando foi, iba sorrindo;

cando veu, viña morrendo;
a luciña dos meus ollos,
o amantiño do meu peito.

Cantares Gallegos

Mirade como o alumnado de EI reflectiu nos seus debuxos estes sentimentos de Rosalía:
















O alumnado de EP traballou con estes de Follas Novas:

Éste vaise i aquel vaise,
e todos, todos se van.
Galicia, sin homes quedas
que te poidan traballar.
Tes, en cambio, orfos e orfas
e campos de soledad, 
e nais que non teñen fillos
e fillos que non tén pais.
E tes corazóns que sufren
longas ausencias mortás,
Viudas de vivos e mortos
que ninguén consolará.













A que quedou moi fermoso? Pois xa veredes que cousiña máis chula imos facer con estes debuxiños tan bonitos!

`


sábado, 3 de decembro de 2016

FESTA DA POESÍA

O 2 de decembro participamos na Festa da Poesía. Escollemos cinco poemas do libro Cantarolas, de Anisia Miranda e Xosé Neira Vilas.

























HOMENAXE A DON OLIMPIO ARCA CALDAS

O  día 29 de novembro o Ceip de Figueiroa participou na homenaxe a Don Olimpio Arca Caldas que tivo lugar no Teatro Principal. Participamos cunha audiobiografía realizada por nenos e nenas de Educación Infantil e cunha lectura dramatizada dun texto seu feita por alumnado de Primaria. Ademais, tivemos a sorte de contar coa colaboración dunha nai que foi alumna do autor homenaxeado cando foi mestre no noso colexio.





 

Se queredes  ver a audiobiografía seguide este enlace:

domingo, 30 de outubro de 2016

CELEBRACIÓN DO SAMAÍN E DO MAGOSTO 2016

Estes días o noso colexio tivo unha magnífica exposición de cabazas que todos puidestes ver e desfrutar. Grazas ás familias que, coma sempre, colaboraron nas actividades propostas. 














E o día do magosto demos boa conta das saborosas castañas asadas ...! Tamén houbo maratóns  para darlle  máis emoción a un evento tan especial! Esta é  só unha pequena mostra do patio de Infantil  pero a verdade é que foi ESPECTACULAR!


Preparados, listos.. XA!




E despois, o máis importante, a comer..!






Que ben o pasamos. A ver se o vindeiro ano temos un día tan bo..!