Páxinas

domingo, 11 de xuño de 2017

E CHEGOU A GRAN FESTA..

Como xa vos dixera, o martes ía ser o gran día. E así foi. Un montón de nenos e nenas, asi coma as súas familias asistiron a esta celebración das letras. 
Na estrada do Teatro estaban colocados os debuxos de Mauro e Iván, que resultaron as ilustracións gañadoras:

Para ilustrar o verán

e o vento


Mirade que ben quedan todas xuntas:




As persoas que asistiron ao acto foron recibidas cunha tarxeta elaborada, coma o cartel e o marcapáxinas,  pola deseñadora estradense Rosa de Cabanas.

Ás oito e media dou comezo  a festa co Coro do IES Losada Diéguez,  A continuación, os presentadores déronlle paso ao padriño literario desta ocasión: o escritor Antón García Teijeiro. Cada colexio elixiu dous representantes para encargarse da entrega de agasallos aos gañadores. Por parte do noso asistiron o presidente da Anpa e unha mestra de Educación Primaria, que lles deron un libro, o da recompilación dos relatos e poemas gañadores, e un caravel branco.
Velaquí tendes as fotos que fixemos.









































Que bonito este rap  de "Adiós ríos, adiós fontes":










































A actuación musical  coa versión do Imagine, de John Lennon, ademais de  transportarnos a outra dimensión, puxo fin a a esta festa cuxo obxectivo principal é a de  dinamizar a lingua galega. Espero que todo fora do voso agrado e se non vos animastes este ano a par ticipar, non vos esquezades o que vén. 

Para ver a gravación pulsade neste enlace:







venres, 2 de xuño de 2017

IV EDICIÓN DA FESTA DAS PALABRAS

Hoxe veño falarvos dunha festa moi especial. Nada máis e nada menos que os gañadores e as gañadoras   do Concurso de Microrrelatos e Micropoemas dos Centros Educativos  da Estrada! Un evento tan importante tiña que contar cun padriño literario de altura: o escritor de literatura infantil e xuvenil Antón García Teijeiro. El estará con nós para felicitar e entregar os agasallos aos nenos e nenas que fixeron uns poemas e relatos tan bonitos, dignos de aparecer nun libro especial: o que precisamente se lles dará ese día, xunto cun caravel branco.
Déixovos aquí a invitación e vémonos alí. Non faltedes a unha cita tan importante! Vémonos ás 20:30 horas o martes 6 de xuño no Teatro Principal.



Ah, por certo, os representantes do noso colexio na entrega de premios son os seguintes: José Manuel Garrido Torres, presidente da Anpa e María Troitiño Goldar, mestra de Educación Primaria.