Páxinas

domingo, 3 de decembro de 2017

O BAR DA POESÍA

Estes días abrimos no noso colexio un bar moi especial: o Bar Fenomenal. E non é unha rima, é a realidade. Nel sérvense os mellores poemas que teñen o galego coma lingua orixinal ou traducidos a ela. 



O día 1 de decembro fomos ao Teatro Principal para recitarlle uns poemiñas  a tódalas persoas que foron a XXI edición da Festa da Poesía, Participaron neste acto diversos colectivos en homenaxe a Avelina Valladares, a poetisa estradense. Durante o evento tamén se fixo entrega do galardón dos premios que levan o seu nome. Este ano recaeu en María del Carmen Caramés Gorgal polo seu poemario As idades perdidas. 



A nosa intervención tiña como título Poemario antigo e actual do bar Fenomenal.



         Á nosa camareira, Uxía, chegoulle ao bar un cliente ao que non lle gustaba a poesía..











Pero ao final, despois de escoitar tódolos poemas.... ata rematou falando en verso!!

 Antes de baixar do escenario, a galardoada entregoulles e adicoulles o libro gañador do certame a cada un dos participantes.







 Graciñas a todo o alumnado e ás súas familias por colaborar nestas actividades! Cando vos apeteza tomar poesía de verdade, acercádevos ao noso bar!






martes, 28 de novembro de 2017

FESTA DA POESÍA

Estades convidados/as a participar con nós na Festa da Poesía, que terá lugar o vindeiro venres ás oito da tarde  no Teatro Principal.Vémonos alí!

 

venres, 24 de novembro de 2017

CONTEMPLANDO UNHA ESTRELA

Queridas familias do Ceip de Figueiroa:
Foi un pracer desfrutar con vós da homenaxe a Olimpio Arca Caldas o pasado mércores. Isto foi posible grazas á vosa colaboración e á dos vosos fillos e fillas, que se comportaron como auténticos profesionais. Espero que para eles fora unha actividade gratificante e da que poidan ter unha bonita lembranza .Moitas grazas e non vos esquezades de contemplar as estrelas.



Velaquí tendes as fotos da actuación. Sodes marabillosos/as:




















































domingo, 19 de novembro de 2017

HOMENAXE A OLIMPIO ARCA CALDAS

O vindeiro mércores 22 de novembro estades convidados/as á homenaxe que a asociación  cultural Vagalumes lle rende a Olimpio Arca no Teatro Principal ás 18:30 horas. O noso colexio participa coa actuación que leva por nome Contemplando unha estrela.  Espero que vos guste!


domingo, 5 de novembro de 2017

QUE BONITA A EXPOSICIÓN DE CABAZAS DO SAMAÍN!

Un ano máis as familias do alumnado fixeron un marabilloso uso da imaxinación e decoraron as cabazas atendendo esta vez ao nome do Proxecto Documental Integrado que traballamos este ano: Música-músicas.