Páxinas
martes, 24 de abril de 2018
PREPARÁNDONOS PARA AS LETRAS..!
Amigos, xa se van achegando as Letras Galegas! Unha das actividades que levamos a cabo no noso colexio foi a elaboración dun vídeo a prol da lingua galega. Podedes velo no seguinte enlace:
Vídeo Correlingua
A que temos uns actores e actrices fenomenais no noso centro? Noraboa e graciñas a todos/as por colaborar sempre nas actividades que se vos propoñen!
martes, 10 de abril de 2018
FESTA DAS PALABRAS
Xa temos data para a Festa das Palabras: será o 23 de maio ás 20:30 horas no Teatro Principal! E esta celebración tan especial vai ter un convidado musical de luxo: Plan Siberia, que é veciño noso, da Estrada. O 15 de maio teremos unha rolda de prensa no Concello para facer a presentación deste acto. Rosa de Cabanas fixo un deseño chulísimo para o libro deste ano. Ah! Sabedes quen vai ser a madriña? Pois nin máis nin menos que Paula Carballeira! A cousa promete!
xoves, 5 de abril de 2018
VISITA DO IES ANTÓN LOSADA DIÉGUEZ
O pasado 9 de marzo tivemos unha visita moi especial: a dos nosos compañeiros do Ies Antón Losada Diéguez. Que mellor que remitirvos ao seu blog para compartir eses intres especiais con todos!
Pulsade aquí: elogoieslosada.blogspot.com.es
Pulsade aquí: elogoieslosada.blogspot.com.es
MICROPOEMAS E MICRORRELATOS
Xa podedes coñecer o nome dos gañadores e gañadoras! Mirade no apartado Concursos.
domingo, 4 de marzo de 2018
SEMANA DE ROSALÍA
Estes días estamos a voltas coa poesía de Rosalía de Castro. Xa vistes que fomos ao Mome e tamén fixemos actividades relacionadas con ela no colexio. Partimos do poema de Cantares Gallegos e con el fixemos un libriño colgante que está colgado na entrada. Ademais, decoramos outros recantos con fotos da autora. Velaquí tendes unha mostra:
martes, 27 de febreiro de 2018
DÍA DE ROSALÍA NO MOME
Estes días no noso colexio estamos celebrando a Semana de Rosalía. Xa vos colgarei as fotos das cousiñas tan bonitas que imos facendo! Hoxe fomos ao Mome para participar no Día de Rosalía, un acto ao que nos convidou o Concello. Dúas nenas de 5º, Nerea e Noa, recitaron o poema Cantarte hei Galicia do libro Cantares Gallegos, que estamos empregando para facer debuxos coas súas estrofas e pendurar na entrada.
Velaquí o tendes:

Ao final puidemos visualizar o vídeo que fixo o Concello cos nenos dos colexios e con outras persoas:
Podédelo ver no seguinte enlace:
Vídeo de Rosalía Concello A Estrada
Velaquí o tendes:
Ao final puidemos visualizar o vídeo que fixo o Concello cos nenos dos colexios e con outras persoas:
Podédelo ver no seguinte enlace:
Vídeo de Rosalía Concello A Estrada
martes, 16 de xaneiro de 2018
XA ANDAMOS A VOLTAS COA FESTA DAS PALABRAS!
1. 1. V Concurso de
microrrelatos e micropoemas dos Centros Educativos da Estrada.
Descrición.
Celébrase a quinta
edición do Concurso de microrrelatos e micropoemas convocado pola Coordinadora
Local de EDL, DINAMIZAESTRADA, que agrupa a todos os centros de primaria e
secundaria do Concello da Estrada. Os microrrelatos deben conter a palabra FAIADO,
e os micropoemas a palabra MAR. O proceso de elección tivo lugar no primeiro
trimestre deste curso, e no mesmo participou o alumnado e o profesorado dos
Equipos de Dinamización Lingüística de todos os centros. As palabras escollidas
debían aparecer nalgún dos títulos das obras da autora á que se dedica este ano
2018 o Día das Letras Galegas, María Victoria Moreno.
1. 2. Edición e publicación do libro
V Festa das Palabras, Dinamizaestrada. Textos premiados no concurso de
microrrelatos e micropoemas.
Descrición.
Publicación
dos textos premiados no concurso de microrrelatos e micropoemas nun libro
dunhas 90 páxinas cos textos premiados en todas as categorías e modalidades.
(Achéganse as bases do concurso). Realizarase unha tiraxe de 600 exemplares,
que serán repartidos aos gañadores e gañadoras do certame e entre todos os
centros participantes. Contarase coa colaboración da deseñadora e ilustradora
Rosa de Cabanas para o deseño da portada do mesmo. No libro incluiranse
ilustracións realizadas polo alumnado de infantil de todos os centros de
primaria, de cara a favorecer a participación do alumnado desta etapa na
actividade. As ilustracións serán escollidas polo xurado do concurso e farán
referencia ás palabras utilizadas para o concurso de microrrelatos e
micropoemas.
Realización
dun marcapáxinas coa imaxe utilizada para o libro e para a campaña en xeral.
4000 exemplares para distribuír entre todos os centros.
1.3.
Festa das palabras.
Descrición.
A quinta
edición da festa das palabras consistirá na entrega de premios dos concursos
literarios no Teatro principal da Estrada a todos os gañadores e gañadoras do
certame e celebrarase o próximo 23 de maio. A presentación e a condución da
festa será realizada por alumnos e alumnas do IES Antón Losada Diéguez, ao que
corresponde este ano esta tarefa. Actuación musical a cargo de Gabriel Estrada
(Plan Siberia) recente gañador do concurso da canción do verán en galego da
TVG. Participación dunha escritora como madriña
dos premiados/as e da Festa: nesta edición foi escollida o escritora e
contadora Paula Carballeira Cabana, que fará unha intervención na entrega de
premios e que aparecerá publicada no libro editado. Participará o profesorado
de todos os centros e representantes das ANPAS na entrega dos premios. Tamén se
contará con representación do Concello da Estrada no mesmo, entidade
colaboradora da actividade. Encargarase o deseño do cartel anunciador do evento
á mesma persoa que leva a cabo o deseño do libro.
Podedes ver as bases no apartado Concursos.
Podedes ver as bases no apartado Concursos.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)