Páxinas

xoves, 1 de decembro de 2022

NOVO LIBRO DE XOSÉ LUNA

 Velaquí tendes o  novo libro do noso veciño e amigo Xosé Luna. Podedes asistir á súa presentación, que terá lugar o luns 5 de decembro ás 19:00 horas no Liceo de Ourense (Rúa Valentín Lamas Carbajal, 5).


PARTICIPARÁN NO ACTO DE PRESENTACIÓN:

JOSÉ LUIS TROITIÑA MOTA

Xerente do Liceo

ARMANDO REQUEIXO 

Profesor, escritor, investigador e crítico literario 

BEATRIZ QUINTELA

Directora do IES nº1 da Estrada

OLAYA NAVEIRA

Ilustradora do libro

VALENTÍN GARCÍA

Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia

XOSÉ LUNA

Autor do libro 


RECITAL MÚSICO POÉTICO

MARÍA DO CEO

MANOELE DE FELISA

JAVIER MIRANDA

Música en directo


ALUNMNADO DO CEIP A PONTE

ALUMNADO DO CEIP VIRXE DA PENA DA SELA

O acto será presentado por Susana Godoy

(mestra do Ceip A Ponte)

ESTADES TODOS/AS CONVIDADOS/AS A ESTE EVENTO TAN IMPORTANTE PARA AS NOSAS  LETRAS!




martes, 29 de novembro de 2022

MOSTRA DE TEATRO DON OLIMPIO ARCA

 Hoxe asistimos, un ano máis, a unha nova edición do teatro escolar Olimpio Arca. Os nenos e nenas do noso colexio representaron unha adaptación do conto de Carlos Casares, aproveitando que onte foi o 20 aniversario do seu falecemento. Aquí tendes algunhas fotos desta magnífica actuación dos nenos e nenas de 6ºC, baixo a dirección da profe Celeste e o apoio musical da profe Rebeca. 



















 Aquí tendes a gravacións de diferentes momentos da actuación:















Estupendo traballo, rapaces e rapazas!






















martes, 22 de novembro de 2022

CERTAME DE TEATRO ESCOLAR OLIMPIO ARCA

 O vindeiro martes, día 29 de novembro, temos unha cita no Teatro Principal para asistir ás actuacións teatrais dos nosos compañeiros dos outros centros educativos do noso concello. Nós imos interpretar unha adaptación de A galiña azul, de Carlos Casares. Os encargados son os magníficos actores e actrices de 6º C de EP, baixo a dirección da profe Celeste.  Estades todos convidados/as a achegarvos ata o teatro!



mércores, 2 de novembro de 2022

Colaboracións do Samaín

 Estes días de Samaín aproveitamos para visitar aos nosos amigos e amigas e deixarlles as divertidas postais que fixemos entre todo o alumnado. E nós tamén recibidos postais bonitas, velaquí tendes unha mostra!





O vindeiro ano seguiremos agasallándovos coas nosas postais e tamén estaremos encantados de recibir as vosas, compañeiros!


domingo, 23 de outubro de 2022

Parladoiro con Ledicia Costas

 O pasado venres, 21 de outubro, asistiron dúas alumnas representando ao Ceip de Figueiroa ao Parladoiro que tivo lugar no Teatro Principal e que desta vez contou coa presenza da escritora Ledicia Costas. Elas fixéronlle unha pregunta cada unha sobre a súa obra. A continuación asinou nun libro da nosa biblioteca e tamén nos de Uxía e Irene, as nosas representantes.  

O decorado do escenario lembraba o ambiente fúnebre de moitos dos seus libros.




 

 Asinando no noso libro da biblioteca:





Graciñas, Ledicia! Coidarémolo moito! Ata outro parladoiro!



mércores, 19 de outubro de 2022

Unidade didáctica do Magosto

 Estes días estámonos preparando para a celebración do Samaín e do magosto.. Pasarémolo moi ben, pois poderemos vir disfrazados-as cando festexemos  o Samaín ( o 28 de outubro) e   comer castañas cando sexa o Magosto (o 11 de novembro). Aquí tendes unha unidade didáctica relativa ao magosto, para ir degustando este produto tradicional galego deste tempo de outono.

Benvida do EDLG e acceso a Unha lingua guapa

 Que tal? Como vai todo? Este ano comezamos con máis forza ca nunca! Despois destes anos de pandemia, parece que por fin imos poder desenvolver o noso proxecto dunha maneira un pouco máis normalizada. Sabemos que aínda temos que obrar con cautela pero polo menos xa imos poder participar de maneira presencial en actos que pasaron a ser virtuais estes dous últimos cursos. Esperemos que isto non se torza e poidamos ter un ano de colaboracións satisfactorias para todos-as!

Este ano o Proxecto Documental Integrado está adicado ao cine. Dende o noso equipo, queremos promocionar e dinamizar a lingua galega, como idioma válido en tódalas situacións da nosa vida. Neste  apartado, como en moitos outros, aínda queda moito por facer, pero para iso estamos nós aquí, por iso adaptamos o eixo vertebrador, que é o cine, as nosas actividades e diferentes intervencións e denominámolo Unha lingua de cine. Tendes as entradas? Pois veña, que entramos, todos-as somos benvidos-as!!

E que mellor maneira de comezar que indo, precisamente, a ver unha película. Esta non é unha película calquera, é moi especial, porque trata das orixes da lingua galega. Realizouna un colexio de Moraña a partires dunha idea de Fina Casalderrey. 

Seguro que vos vai gustar e ides aprender un montón! Preparados-as!!