PARABÉNS A TÓDOLOS GAÑADORES DO IV CONCURSO DE MICRORRELATOS E MICROPOEMAS!
Este ano os seleccionados son os seguintes:
Carla Álvarez Fontenla, de 2º A
Yago Durán Souto, de 2º B
Iziar Barcala Iglesias, de 3º A
Lea Rodríguez Ríos , de 3º A
Darío Blanco Ruzo, de 5º A
Lois Camino Míguez, de 6º A.
A participación do alumnado foi masiva e espero que fora unha actividade interesante e divertida para todos! Seguide así!
Podedes ver a acta do xurado no apartado de Concursos.
Páxinas
martes, 14 de marzo de 2017
martes, 28 de febreiro de 2017
O pasado 23 de febreiro o noso colexio participou neste evento coa lectura por parte da alumna de 6º B, Kenia Souto, dos seguintes poemas:
Castellanos de Castilla,
tratade ben ós gallegos;
cando van, van como rosas;
cando vén, ven como negros.
Cando foi, iba sorrindo;
cando veu, viña morrendo;
a luciña dos meus ollos,
o amantiño do meu peito.
Cantares Gallegos
Mirade como o alumnado de EI reflectiu nos seus debuxos estes sentimentos de Rosalía:
O alumnado de EP traballou con estes de Follas Novas:
Éste vaise i aquel vaise,
e todos, todos se van.
Galicia, sin homes quedas
que te poidan traballar.
Tes, en cambio, orfos e orfas
e campos de soledad,
e nais que non teñen fillos
e fillos que non tén pais.
E tes corazóns que sufren
longas ausencias mortás,
Viudas de vivos e mortos
que ninguén consolará.
A que quedou moi fermoso? Pois xa veredes que cousiña máis chula imos facer con estes debuxiños tan bonitos!
`
sábado, 3 de decembro de 2016
FESTA DA POESÍA
O 2 de decembro participamos na Festa da Poesía. Escollemos cinco poemas do libro Cantarolas, de Anisia Miranda e Xosé Neira Vilas.
HOMENAXE A DON OLIMPIO ARCA CALDAS
O día 29 de novembro o Ceip de Figueiroa participou na homenaxe a Don Olimpio Arca Caldas que tivo lugar no Teatro Principal. Participamos cunha audiobiografía realizada por nenos e nenas de Educación Infantil e cunha lectura dramatizada dun texto seu feita por alumnado de Primaria. Ademais, tivemos a sorte de contar coa colaboración dunha nai que foi alumna do autor homenaxeado cando foi mestre no noso colexio.
Se queredes ver a audiobiografía seguide este enlace:
domingo, 30 de outubro de 2016
CELEBRACIÓN DO SAMAÍN E DO MAGOSTO 2016
Estes días o noso colexio tivo unha magnífica exposición de cabazas que todos puidestes ver e desfrutar. Grazas ás familias que, coma sempre, colaboraron nas actividades propostas.
E o día do magosto demos boa conta das saborosas castañas asadas ...! Tamén houbo maratóns para darlle máis emoción a un evento tan especial! Esta é só unha pequena mostra do patio de Infantil pero a verdade é que foi ESPECTACULAR!
Preparados, listos.. XA!
Que ben o pasamos. A ver se o vindeiro ano temos un día tan bo..!
Estes días o noso colexio tivo unha magnífica exposición de cabazas que todos puidestes ver e desfrutar. Grazas ás familias que, coma sempre, colaboraron nas actividades propostas.
E o día do magosto demos boa conta das saborosas castañas asadas ...! Tamén houbo maratóns para darlle máis emoción a un evento tan especial! Esta é só unha pequena mostra do patio de Infantil pero a verdade é que foi ESPECTACULAR!
Preparados, listos.. XA!
E despois, o máis importante, a comer..!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



















