Estades convidados/as a participar con nós na Festa da Poesía, que terá lugar o vindeiro venres ás oito da tarde no Teatro Principal.Vémonos alí!
Páxinas
martes, 28 de novembro de 2017
venres, 24 de novembro de 2017
CONTEMPLANDO UNHA ESTRELA
Queridas familias do Ceip de Figueiroa:
Foi un pracer desfrutar con vós da homenaxe a Olimpio Arca Caldas o pasado mércores. Isto foi posible grazas á vosa colaboración e á dos vosos fillos e fillas, que se comportaron como auténticos profesionais. Espero que para eles fora unha actividade gratificante e da que poidan ter unha bonita lembranza .Moitas grazas e non vos esquezades de contemplar as estrelas.

Velaquí tendes as fotos da actuación. Sodes marabillosos/as:
domingo, 19 de novembro de 2017
HOMENAXE A OLIMPIO ARCA CALDAS
O vindeiro mércores 22 de novembro estades convidados/as á homenaxe que a asociación cultural Vagalumes lle rende a Olimpio Arca no Teatro Principal ás 18:30 horas. O noso colexio participa coa actuación que leva por nome Contemplando unha estrela. Espero que vos guste!
domingo, 5 de novembro de 2017
domingo, 11 de xuño de 2017
E CHEGOU A GRAN FESTA..
Como xa vos dixera, o martes ía ser o gran día. E así foi. Un montón de nenos e nenas, asi coma as súas familias asistiron a esta celebración das letras.
Na estrada do Teatro estaban colocados os debuxos de Mauro e Iván, que resultaron as ilustracións gañadoras:
Para ilustrar o verán
Que bonito este rap de "Adiós ríos, adiós fontes":
Na estrada do Teatro estaban colocados os debuxos de Mauro e Iván, que resultaron as ilustracións gañadoras:
Para ilustrar o verán
e o vento
Mirade que ben quedan todas xuntas:
As persoas que asistiron ao acto foron recibidas cunha tarxeta elaborada, coma o cartel e o marcapáxinas, pola deseñadora estradense Rosa de Cabanas.
Ás oito e media dou comezo a festa co Coro do IES Losada Diéguez, A continuación, os presentadores déronlle paso ao padriño literario desta ocasión: o escritor Antón García Teijeiro. Cada colexio elixiu dous representantes para encargarse da entrega de agasallos aos gañadores. Por parte do noso asistiron o presidente da Anpa e unha mestra de Educación Primaria, que lles deron un libro, o da recompilación dos relatos e poemas gañadores, e un caravel branco.
Velaquí tendes as fotos que fixemos.
A actuación musical coa versión do Imagine, de John Lennon, ademais de transportarnos a outra dimensión, puxo fin a a esta festa cuxo obxectivo principal é a de dinamizar a lingua galega. Espero que todo fora do voso agrado e se non vos animastes este ano a par ticipar, non vos esquezades o que vén.
Para ver a gravación pulsade neste enlace:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)