Esta semana non paramos. Despois de actuar o martes con Mil Anacos, o venres asistimos á Festa da Poesía. As nosas compañeiras Sara, Zaira e Sabela recitaron dous poemas de Manuel María: A señora vaca e Poemiña para namorar unha rosa.
Que ben o fixeron! Ata outra edición da Festa da Poesía!
Páxinas
domingo, 2 de decembro de 2018
domingo, 25 de novembro de 2018
TEATRO OLIMPIO ARCA
O VINDEIRO MARTES, 27 DE DECECEMBRO, ESTADES TODOS E TODAS CONVIDADOS Á III MOSTRA DE TEATRO OLIMPIO ARCA CALDAS!
Será ás 18:30 horas no Teatro Principal e a nosa actuación leva o nome de Mil Anacos. Participan 22 nenos e nenas do noso colexio. Vémonos alí!

Será ás 18:30 horas no Teatro Principal e a nosa actuación leva o nome de Mil Anacos. Participan 22 nenos e nenas do noso colexio. Vémonos alí!
domingo, 4 de novembro de 2018
SAMAÍN 2018
A modo de exemplo, aquí tedes a exposición das nosas postais no Losada Diéguez:
E no noso colexio as familias realizaron auténticas obras de arte coas cabazas en relación ao PDI deste ano: AMAROMAR.
BOTADE UN VISTAZO:
Moitas grazas pola vosa participación!
domingo, 3 de xuño de 2018
domingo, 27 de maio de 2018
CELEBRACIÓN DA FESTA DAS PALABRAS
Que festa tan especial! Todo o público que asistiu ao acto de entrega de agasallos puido ver que nos colexios e institutos da Estrada hai moi bos escritores e escritoras! Uns e outro foron recollendo o libro e o caravel branco. Plan Siberia amenizou a celebración coa súa música, todo baixo a mirada da madriña: Paula Carballeira.
Coa palabra Faiado
Coa palabra Mar
E os textos gañadores son estes:
POEMAS.
1º CICLO:
Podo facer
contas de
sumar,
contas de
restar e
contas de
multliplicar
mentres
escoito o bruar
das ondas do
mar.
Sara Sanín
Gómez. 2º.
2º CICLO:
O MAR É
PRECIOSO
O mar é
bonito
e elegante,
viste de
saia
e chaqueta
brillante.
O mar é o
mellor do mundo´
nel podes
atopar
bandeiras
sen rumbo!
Noa Otero
Calviño. 4º.
3º CICLO:
O MAR
Sentado na area mirando o mar
tanta beleza
faime pensar
escuros
recordos non quero lembrar
imaxes de
xente querendo escapar
dun mundo de
fame. Que sorte terán?
Que durdo
imaxino ter que emigrar
Sentado na
área, non podo olvidar.
Darío Blanco
Ruzo. 6º.
RELATOS:
1º CICLO:
O FAIADO DAS
FANTASÍAS
No faiado da
miña avoa había un baúl cheo de fantasías. Saían unicornios, un zoo, unha
selva, tamén tendas, números ata 5555 e montóns de cousas, tamén emocións…
Saían alegría, cariño e amor.
Lucía
Bugallo García. 2º.
2º CICLO:
O MEU SOÑO
CUMPRIDO!
Mamá dixo
que había que agardar 9 meses. Que pasará?
Estaba
chovendo, eu xogaba no faiado ao que sempre subía a xogar, xogaba a soñar!!
Chegaron papá e mamá daquela viaxe tan
longa. Seguro que me trouxeron algo! Mamá xa non estaba gordiña, e a
papá caíalle algunha bagoíña. Debaixo daquela mantiña de cores, alí estaba, era
pequeniña, suave e coloradiña.
O meu soño
cumprido aquel día! Por fin nacera a miña irmanciña Lía.
Noa Otero
Calviño. 4º.
3º CICLO:
O FAIADO
Respiro
profundo dende o pé da escaleira. O corazón báteme con forza, miro cara arriba,
trémenme as pernas.
-A ver,
Darío, tráeme as patacas! –Berra miña avoa dende a cociña.
Coma se fose
tan sinxelo, só sabe Deus que criaturas vou atopar no faiado. Ao mellor teño
sorte e os nervios fan que perda o sentido..
Respiro
fondo de novo, como vin nun titorial de ioga en “YouTube”. Teño que faelo, non
son tan pequeño, teño que botarlle peito.
Agarrándome
á parted vou subindo coma un zombie. Chego arriba, abro a porte e.. Sabedes que
había?! Si, patacas.
Darío Blanco
Ruzo.6º.
martes, 22 de maio de 2018
V FESTA DAS PALABRAS
Xa se achega o gran día! O mércores, 23 de maio ás 20:30 horas vémonos no Teatro Principal para participar nesta celebración tan importante! Que ilusionados están os gañadores e gañadoras por subir ao escenario a recoller o seu agasallo..! E por escoitar a Paula Carballeira co seu discurso de madriña, e a Plan Siberia coa actuación musical! En fin.. vémonos alí!

Lembrade que tendes máis información no blog dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega da Estrada:
Blog de dinamizaestrada

Lembrade que tendes máis información no blog dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega da Estrada:
Blog de dinamizaestrada
domingo, 29 de abril de 2018
Vídeoconferencia co Losada
O pasado venres, 20 de marzo, os alumnos e alumnas de 6º de EP reuníronse na biblioteca para asistir á vídeoconferencia que os compañeiros do IES Losada Diéguez prepararon para nós. Moitas cousas saben! Nós escoitámolos con moita atención, pois non era para menos. Mirade de que tratou:
En colaboración co ENL do IES Losada Diéguez, os alumnos e alumnas de Cultura Científica de 4º ESO presentan sete monólogos/exposicións para contestar algunhas preguntas dende o punto de vista científico. Os temas elixidos son:
- - Por que viven máis as avoas
- - Como se formou o Universo?
- - Que hai detrás dun videoxogos? Como se fai un videoxogo?
- -Que é o cambio climático?
- - Que é a chuvia ácida?
- - Que necesita un planeta para ser habitable? Hai vida noutros planetas?
- - Emocións, sistema nervios. Por que me podedes ver e oír agora mesmo?
- - Por que se me "pega" esa canción para todo o día?
Ao mesmo tempo, foi moi satisfactorio ver como os nosos ex-compañeiros tiñan o tema moi ben aprendido e resultaron ser uns monologuistas fantásticos. Parabéns.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)











